Adega
INICIO Delegacións Alto Ulla
Alto Ulla
VII Marcha Irmandinha ao Castelo de Pambre PDF Imprimir Correo-e
Envia VII Marcha Irmandinha ao Castelo de Pambre a FaceBookEnvia VII Marcha Irmandinha ao Castelo de Pambre a Twitter
22 de agosto de 2010. O Castelo de Pambre, situado a uns escasos 3 km da Eira da Xoana, é a obra mais senlleira da arquitectura medieval militar de Galiza. Este ano, por fin, despois de varias décadas fechado ao público, e grazas ao labor da Plataforma pola Defensa do Alto Ulla, veciñanza e á vontade colaboradora dos actuais donos, abríuse ao público. Agora cómpre dar novos pasos, como a merca para uso público e a súa posta en valor, através da súa restauración e a do seu interesante contorno: camiño real, ponte medieval, castro de Remonde, muíño do Henrique, antiga planta da luz do Coello coas suas pozas de baño, etc.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Campionato de enduro no LIC do Candán: gas a fondo, pero nada de megafonía PDF Imprimir Correo-e
Envia Campionato de enduro no LIC do Candán: gas a fondo, pero nada de megafonía a FaceBookEnvia Campionato de enduro no LIC do Candán: gas a fondo, pero nada de megafonía a Twitter
16 de abril de 2010. ADEGA acaba de coñecer que a D. X. de Conservación da Natureza autorizou a celebración dunha proba do Campionato de España de Enduro en pleno LIC Serra do Candán, espazo protexido da nosa Rede Natura 2000. O "evento" terá lugar este 25 de abril no corazón do espazo protexido, hábitat dunha das 10 parellas reprodutoras do bufo real (Bubo bubo) existentes en Galiza, nestes intres está en plena época de cría. Curiosamente, na autorización da Xunta inclúense algunhas sorprendentes medidas como que "non se poderán usar altofalantes dentro do espazo natural protexido". Tendo en conta que a proba transcorre íntegramente dentro do LIC, non deixa de ser absurdo que á administración lle preocupe máis o impacto da megafonía sobre as especies protexidas que o estrondo e as desfeitas de ducias de motos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Crónica do I curso de iniciación á cestería tradicional PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica do I curso de iniciación á cestería tradicional a FaceBookEnvia Crónica do I curso de iniciación á cestería tradicional a Twitter
cesteando_20.jpgSábado 6 de marzo de 2010, Eira da Xoana (Ramil). Por fin este pasado sábado o tempo acompañounos na Eira da Xoana e puidemos realizar a primeira aproximación á cestería. Foi entón posible deixar a tarde do venres seis mollos de bimbios no río, para que colleran a sazón coa auga e estiveran máis flexíbeis. Poidemos logo preparar unha exposición de ferramentas de cestería e unha boa colección de cestos e elementos elaborados coas mesmas técnicas de tecido. Xerras, sombreiros, coroza, cestos ornamentais, cesto culeiro, cesta da asa, etc. Os obxectos tiñan a súa orixe tanto en diversos lugares do noso país como en outros puntos do mundo.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Obradoiro de cestería na Eira da Xoana PDF Imprimir Correo-e
Envia Obradoiro de cestería na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Obradoiro de cestería na Eira da Xoana a Twitter
cesteiros2.gifEste sábado 6 de marzo, voltaremos a Eira da Xoana para realizar un obradoiro de cestería. Neste segundo curso faremos un percorrido virtual pola xeografía galega descubrindo diferentes técnicas para a elaboración de cestos e demáis obxetos artesanais fabricados con todo tipo de materiais, dende castiñeiros, salgueiros, vimbieiros até silveiras. Poñerémonos mans a obra preparando estes materiais para logo posteriormente deseñar e elaborar o noso propio cesto. Descarrega o cartaz cesteria.pdf Curso CESTERÍA (2.7 MB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro polo Alto Ulla: dende Pambre a Arqueixal PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro polo Alto Ulla: dende Pambre a Arqueixal a FaceBookEnvia Roteiro polo Alto Ulla: dende Pambre a Arqueixal a Twitter
Domingo, 22 de novembro de 2009. O segundo roteiro do ciclo 2009-2010 organizado por ADEGA Lugo por camiños históricos transcorrerá polo do Alto Ulla, através do camiño real. Comezaremos polo Castelo de Pambre, BIC (ben de interese cultural) do século XIV e capela do S. XII, aínda de propiedade privada, que  pretendemos recuperar para o uso público coas “Marchas Irmandinhas”. Precisamente ás 10h e como inicio do roteiro, haberá un acto reivindicativo no Castelo para esixir das administracións a súa recuperación.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 4

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA