Adega
INICIO Áreas temáticas Ríos
Ríos

Encoros e minicentrais

Nos últimos anos, e ao abeiro da normativa eléctrica e co beneplácito da anterior Xunta, proliferaron en Galiza as intencións de poñer ós nosos ríos ó serviz da producción de electricidade.

A enxurrada de encoros que trouxo consigo esta política constituíu o maoir atentado para os ecosistemas fluviais e representou a definitiva sentencia, letal para a vida dos nosos ríos, despois de terlles estragado a parte baixa cos grandes encoros que tanto dano produciron aquí para levar enerxía cara fóra.

A oposición de ADEGA ás minicentrais, fundaméntouse, entre outras, nas seguintes razóns:

  • A falla de seriedade e rigor nas avaliacións dos impactos e o nulo seguimento dos efectos sobre oscursos fluviais das novas construccións.
  • As previsións de autorizar un número desorbitado de novas minicentrais, que afectarían á práctica totalidade dos nosos ríos e nas zonas de maior importancia -as partes altas- para a súa conservación.
  • A situación enerxética actual de Galiza, excedentaria de enerxía eléctrica,ea evidencia de xa ter pagado, cos grandes encorose coas minicentrais existentes,un altoprezo ambiental .
  • A lexislación, até o de agora totalmente permisiva que facilitou a instalación de minicentrais en todo o territorio sen limitacións de ningunha caste.
  • A xordeira crónica dos organismos competentes (Augas de Galiza, Consellería de Política Territorial,...) que non escoitaron a oposición de centos (milleiros en algúns casos) de cidadáns que pretenden preservar os ríos dos muros de formigón e conservalos para esta e as futuras xeracións.
  • A implícita privatización dun ben público, o río, para beneficio exclusivo das empresas productoras de electricidade.
  • A política enerxética da anterior Xunta, que tivo único obxectivo aumentar a producción e non entrar a considerar o aforro enerxético,que facilmente acadaría a cantidade de enerxía que se pretende producir coas novas instalacións.

ADEGA fixo un importante esforzo para dar coñecer á poboación en xeral este atentado contra o noso medio natural. Non queremos ser cómplices das agresións contra todo o noso sistema fluvial, nin queremos que a poboación, pola falla de información, quede exenta da responsabilidade que como cidadáns e cidadás temos no uso e trato do común patrimonio natural. O labor de ADEGA consiste en:

  • Apoio á organización e/ ou promoción de colectivos directamente afectados. Apoio decidido, con medios materiais e humanos, a COGADER (Coordenadora Galega para a Defensa dos Rios).
  • Alegacións a múltiples proxectos (que son rexeitadas sistematicamente pola Administración).
  • Divulgando a importancia dos ecosistemas fluvias e creando unha rede cidadá activa no seguimento e vixianza do seu estado a través do Proxecto Ríos
  • Denuncia perante a Comisión Europea da planificación hidroeléctrica.
  • Charlas e conferencias sobre os efectos ambientais das minicentrais.
  • Participación, a través das canles abertas pola Administración, formulando propostas e alternativas (aínda que a práctica ten demostrado que as comisións constituídas son un mero formalismo: a composición delas garante de entrada a prevalenza das posturas previas da Administración , que en ningún momento busca o consenso)
    rios.jpg
    A urbanización descontrolada nas ribeiras supón un impacto destrutivo para os ecosistemas fluviais.
    ilp.png
    A ILP supuxo a recollida de 40.000 sinaturas validadas diante do Parlamento conquerindo a aprobación dunha lei de protección fluvial
    logo.gif
    O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos promovida por ADEGA.. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade


    O Plano Hidroeléctrico Galiza-Costa PDF Imprimir Correo-e
    Envia O Plano Hidroeléctrico Galiza-Costa a FaceBookEnvia O Plano Hidroeléctrico Galiza-Costa a Twitter
    As bacías hidrográficas de Galiza-Costa son aquelas situadas integramente en territorio galego. Son bacías “intracomunitarias”, polo que, de acordo co actual modelo autonómico do Estado, a Xunta de Galiza exerce plenamente a Administración hidráulica das mesmas, a través do organismo Augas de Galicia. A xestión da auga nas bacías “intercomunitarias”, as partilladas con outras Comunidades Autónomas ou con Portugal (Miño-Sil, Eo, Navia, Limia, Támega) segue a ser exercida principalmente polo Goberno central, en concreto pola Confederación Hidrográfica do Norte de España (CHNE), organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente.
    Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
     
    Manifesto contra as centrais hidroeléctricas PDF Imprimir Correo-e
    Envia Manifesto contra as centrais hidroeléctricas a FaceBookEnvia Manifesto contra as centrais hidroeléctricas a Twitter
    Os que asinan este documento, investigadores en distintas áreas relacionadas co Medio en Galicia, perante os numerosos proxectos de apertura de minicentrais hidroeléctricas que cursaron a súa solicitude ante a Administración nos 3 últimos anos, queremos alertar tanto á opinión pública coma ós órganos competentes da Xunta de Galicia sobre os graves efectos que toda esta serie de construccións pode ocasionar para o noso patrimonio biolóxico.
    Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
    Ler máis...
     
    Voto particular ao dictamen do COGAMA sobre o Plano Hidrolóxico Galiza PDF Imprimir Correo-e
    Envia Voto particular ao dictamen do COGAMA sobre o Plano Hidrolóxico Galiza a FaceBookEnvia Voto particular ao dictamen do COGAMA sobre o Plano Hidrolóxico Galiza a Twitter

    Voto formulado por ADEGA, FEG, e SGHN

    O Plano Hidrolóxico de Galiza-Costa (PHGC) considera a auga fundamentalmente como un recurso e apenas como un activo ecosocial. É debedor dunha concepción estructuralista da política de augas, entendendo ésta principalmente como unha política de obras públicas, o que resulta máis propio de comezos do século pasado que do actual. A ausencia dun enfoque sustentable maniféstase no predominio claro da estratexia da oferta (aumento da oferta de auga mediante a construcción de novas infraestructuras) sobre o control da demanda.

    Aínda que nestes momentos non é un requisito legal necesario para a súa aprobación, entendemos que sería desexable someter o PHGC a un procedemento de avaliación ambiental estratéxica, coa finalidade de prevenir e reducir máis eficazmente os posibles impactos ambientais negativos derivados da súa aplicación.

    Parécenos inadecuado que, a diferencia do que acontece a nivel estatal e noutras comunidades autónomas, as competencias en materia de xestión da auga sexan exercidas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (CPTOPV) e non pola de Medio Ambiente, o que resulta un sensentido consecuencia de antepor determinados intereses políticos particulares a criterios de racionalidade. En calquera caso, mesmo sendo competencia da CPTOPV a aprobación do PHGC, non parece razoable a absoluta falta de participación da Consellería de Medio Ambiente na elaboración do PHGC. A nula participación da Consellería de Medio Ambiente evidénciase, por exemplo, na non consideración da Estratexia Galega de Educación Ambiental e das actuacións para a recuperación do salmón atlántico (incompatible co aproveitamento hidroeléctrico integral das bacías, polo que se preocupa o PHGC), no deficiente listado de espacios naturais protexidos ou na ausencia de referencia aos estudios sobre réximes de caudais mínimos ecolóxicos efectuados pola Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural en ríos de Galiza-Costa.

    Descarga o texto completo en dictcogama.pdf dictcogama.pdf (172.83 KB)


    Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
     
    Que os nosos ríos sigan vivos: Manifesto asinado por persoas do mundo da cultura PDF Imprimir Correo-e
    Envia Que os nosos ríos sigan vivos: Manifesto asinado por persoas do mundo da cultura a FaceBookEnvia Que os nosos ríos sigan vivos: Manifesto asinado por persoas do mundo da cultura a Twitter

    Cen ríos recolleron as bagullas sen sal que choran as nubes, convertéronas en risas e voces de agua.

    Cen ríos, cicatrices de agua sobre a vella pel de Galicia. Rede fluvial, arañeira viva que comunica do Eo ó Miño, do Tea ó Xallas, do Lor ó Arnoia. Que os ríos non son fronteiras senón camiños de agua.

    Sen os pequenos ríos ¿onde irán nadar a troita e o espiñento? ¿quen poderá ver o picapeixe guindado como unha coitelada sobre a agua? ¿onde se agochará a pequena saramaganta? ¿a quen interrogará a garza? ¿que será do lento sapoconcho?

    Se as centrais cortan o fluxo dos nosos pequenos ríos coas súas tesoiras de cemento cortarán tamén en mil pedazos normativas que falan de caudal ecolóxico, protección da biodiversidade, conservación de endemismos, preservación do hábitat natural de especies autóctonas.

    Xa non podemos quitarlle ó Xallas a mordaza que apagou a voz da súa fervenza, noutro tempo escoitada ata unha ducia de quilómetros arredor; xa non podemos cruzar a Ponte das Poldras sobre Antela, pero aínda estamos a tempo de conservar vivos moitos dos nosos ríos, de preservar as comunidades que só neles e nas súas beiras teñen acougo.

    Esiximos o estricto cumprimento da lexislación, o que impediría a proliferación de centrais hidroeléctricas a custa dunha riqueza biolóxica e paisaxística que, unha vez perdida, sería irrecuperable.

    Asinantes:

    Marilar Aleixandre - Escritora

    Manuel María - Escritor, poeta

    Xosé M. Martinez Oca - Escritor

    Xosé M. Penas Patiño - Ensaísta

    Luís López Tosar - Actor

    Morquecho - Pintor

    Mini - Cantor

    Mero - Cantor

    Manolo Rivas - Escritor

    Xan G. Muras - Fotógrafo

    Manuel Bragado Rodríguez - Editor

    Manuel Lourenzo González - Actor, escritor

    Miguel Anxo Fernán-Vello - Escritor, editor

    Euloxio R. Ruibal - Escritor

    Lupe Gómez - Escritora

    Miguel Vázquez Freire - Escritor

    Yolanda Castaño Pereira - Escritora

    Fran Alonso - Escritor

    Xosé Lois Gonzalez (O Carrabouxo) - Humorista

    Xoán Carmona Badía - Profesor U.S.C., ensaísta

    Cesáreo Sanchez - Escritor, poeta

    Camilo Nogueira - Ensaista

    Francisco Pillado - Editor

    Raúl Galego - Músico, gaiteiro

    Millán Picouto - Escritor

    Miro Villar González - Escritor

    Carme Vidal Laxe - Ensaísta, xornalista

    Xosé Mª Alvarez Cáccamo - Escritor

    Mara Sánchez - Actriz

    Margarita Ledo Andión - Escritora

    Nolo Suárez - Pintor

    Sonia Méndez - Actriz

    David Lista Raña - Escultor

    Montse Santos Rodriguez - Fotógrafa

     

    Francisco Rodriguez - Ensaísta

    Pepe Carballude - Escritor

    Miguel Anxo Seixas Seoane - Escritor

    Xosé Ballesteros - Editor, escritor

    Manuel Veiga - Xornalista, escritor

    Xosefa Casalderrey - Escritora

    Lois Diéguez - Escritor

    Carlos Vales - Ensaísta

    Bernardino Graña - Escritor

    Mª Pilar Garcia Negro - Ensaísta

    Marica Campo - Escritora, poeta

    Carlos M. Callón - Poeta

    Anselmo López Carreira -Ensaísta

    Xurxo Souto Eiroa - Artista

    Victor Lorenzo Mosqueira - Actor

    Xosé M. Beiras - Ensaísta

    Xosé Penabade Gonzalez - Actor

    Francisco Sanchez Insua - Deseñador

    Mª Xosé Rodriguez Bouzas -Actriz

    Javier Turmes -Músico

    Nacho Porto - Ceramista

    Mekame Fez. Santos - Actriz, titiriteira

    Xosé Mª Lema Suarez - Ensaísta

    Evaristo Calvo Valcárcel - Actor

    Marta Dacosta Alonso - Ecritora,poeta

    Pepe Carreiro - Debuxante

    Sonia Castelo - Actriz


    Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
     
    Alegacións de ADEGA ao Plano Sectorial Hidroeléctrico das Concas Hidrográficas Galiza-Costa PDF Imprimir Correo-e
    Envia Alegacións de ADEGA ao Plano Sectorial Hidroeléctrico das Concas Hidrográficas Galiza-Costa a FaceBookEnvia Alegacións de ADEGA ao Plano Sectorial Hidroeléctrico das Concas Hidrográficas Galiza-Costa a Twitter
    A presentación do Plano Hidroeléctrico Galiza-Costa supuxo a confirmación dunha visión mercantilista e destructiva do medio ambiente, sentando as bases para o que se converteu na máxima expresión de destrucción e expolio do noso patrimonio natural
    Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
    Ler máis...
     
    << Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

    Páxina 2 de 2


    ADEGA