Adega
INICIO Áreas temáticas Ríos Os nosos ríos e rías: unha cañeira
Os nosos ríos e rías: unha cañeira PDF Imprimir Correo-e
Envia Os nosos ríos e rías: unha cañeira a FaceBookEnvia Os nosos ríos e rías: unha cañeira a Twitter
ADEGA presenta esta breve recopilación dos distintos vertidos rexistrados na nosa costa e nos nosos ríos, dende o 15 de xullo de 2006 até a actualidade (20 de setembro). Esta listaxe non é exhaustiva, simplemente se trata dalgúns dos moitos que se produciron e dos que ADEGA tivo coñecemento.

O recente vertido químico ao Umia é tan só a punta dun iceberg, dun problema de dimensións preocuopantes: o lamentábel estado no que se atopan os nosos ríos e a pasividade das administracións á hora de garantir a súa conservación.
A pesares de existir unha extensa lexislación sobre augas continentais, e de terse aprobado este mesmo ano unha Iniciativa Lexislativa Popular para a conservación dos ríos galegos, vilas, cidades e industrias seguen a vertendo a caño libre práticamente sen ningún control.
As autoridades competentes deben tomar medidas para frear o ritmo desmedido e a perigosidade dos vertidos que sofren os rios galegos. O conselleiro de Medio Ambiente ven de anunciar recentemente nunha comparecencia parlamentaria polo vertido do Umia a realización dun inventario dos focos de contaminación nos nosos ríos. ADEGA quere lembrar ao conselleiro que xa existe unha ampla documentación sobre as agresións á nosa rede fluvial. Abonda cun simple paseo polo Sar, o Umia, o Tambre... para ser consciente da verdadeira dimensión do problema e da pasividade con que se afronta por parte das administracións.
Cómpre pois aplicar as leis e apostar por unha política de control, disuasión e tolerancia cero cos vertidos, captacións ilegais, obras na zona de policía, desnaturalización das ribeiras... BASTA XA DE AGRESIÓNS AOS NOSOS RÍOS E RÍAS!
Listaxe de vertidos dende o 15/7/2006
15-7-2006 Río Sar entre Conxo (Santiago de Compostela) e Vidán (Santiago de Compostela), peixes mortos. Denunciado por ADEGA
21-7-2006 1-Río Cantarrana e Ria de Viveiro (Concello de Viveiro), mal cheiro, gasoil e substancias oleosas. Fonte A Voz de Galicia. 2-Praia do Serral (Concello de Vigo). Augas fecais. Fonte: Faro de Vigo
22-7-2006 1-Costa de Carnota. Lugar de Pedrafigueira (Concello de Carnota). Unha empresa de conservas pecha para arranxar a depuradora. Previamente produciuse un vertido contaminante do que avisaron os veciños ao Seprona. ADEGA tamén denunciou os feitos. 2-Río Sar (Concello de Santiago de Compostela). O Colector xeral leva meses vertendo ao Río Sar augas fecais según admite o propio concello de Compostela. Fonte: A Voz de Galicia. 3-Río Gallo (Concello de Cuntis). Cor da auga branca, 1,5 Km de extensión dende o casco urbano de Cuntis. Morte de ducias de peixes. Fonte: A Voz de Galicia.
27-7-2006 Ria de Arousa. (Concello de Rianxo). Veciños de Rianxo queixanse dos malos cheiros da depuradora do concello. Fonte: A Voz de Galicia
2-8-2006 Afluentes do Eume (Río Chamoselo). Aparecen ducias de peixes mortos. Os pescadores afirman que se deben ás obras da autovia As Pontes-Vilalba. Fonte: A Voz de Galicia.
4-8-2006 Cala de Bens (Concello da Coruña), vertido de augas fecais procedentes da depuradora de Arteixo. Fonte: A Voz de Galicia
8-8-2006 Río Gafos (Concello de Pontevedra), aparecen peixes mortos, auga suxa e estancada, baixo volume de auga do Río. Fonte: A Voz de Galicia
17-8-2006 1-Río de Artes (Concello de Ribeira). Mortalidade de peixes, vertido de augas fecais. Fonte: A Voz de Galicia 2.-Río dos Muiños (Barbadás). Vertido de augas fecais. Fonte A Voz de Galicia.
18-8-2006 1.-Río Anllóns (Concello de Carballo), augas pluviais procedentes da rede de sumidoiros. Fonte: A Voz de Galicia 2.-Porto de Pontedeume (Concello de Pontedeume), vertidos de augas residuais procedentes da depuradora de Pontedeume. Fonte: A Voz de Galicia.
22-8-2006 Río Lagares (Concello de Vigo). Existen tuberias clandestinas ao longo do río que usan as empresas para botar ilegalmente augas contaminadas. Peixes mortos flotando na auga. Saia auga cor plateada dunha tuberia. Fonte: A Voz de Galicia do 24 de Agosto.
23-8-2006 Ríos Barbaña, Vilaescusa e Loña, (Concello de Ourense), 34 puntos de vertido, captacións ilegais de augas, e posiblemente tamén vertidos industriais. Denunciado por ADEGA
24-8-2006 1-Couso-Aguiño (Concello de Ribeira). Os vertidos dun cocedeiro de mexilón provocan perdas nun criadeiro de almexas. Fonte: A Voz de Galicia. 2-Praia de Barraña (Concello de Boiro). Vertido de augas fecais con residuos flotando na auga. Fonte: A Voz de Galicia 3-Praia de Aguete (Concello de Marín). Vertido de augas residuais obriga a izar a bandeira roxa. Fonte: A Voz de Galicia. 29-8-2006 Costa do Grove (Concello do Grove). Mariscadoras denuncian vertidos á ría no Concello do Grove, entre eles á comunidade de propietarios da Toxa. Fonte: A Voz de Galicia. Zona marisqueira da Seca (Concello de Poio). Unha rotura dun colector de augas reiduais provoca a contaminación da ria durante dous dias. Fonte: A Voz de Galicia
30-8-2006 Río Ulla. (Concello de Pontecesures). As augas residuais verquen directamente ao Río, o concello alega que non ten capaciade económica para asumir o mantemento da depuradora. Fonte: A Voz de Galicia.
1-9-2006 1. Río do Con (Concello de Vilagarcia de Arousa). Debido ao rebose dun aliviadeiro do colector de augas residuais. A auga presentaba cor verde. Fonte: A Voz de Galicia 2.-Río Umia (Concello de Caldas de Reis). Vertido de substancias altamente tóxicas procedente da empresa química Brenntag. ADEGA dispuxo de voluntarios na zona dende que tivo coñecemento do vertido.
7-9-2006 Río Sarela (Concello de Santiago de Compostela), pequeno vertido que tinguiu de branco a auga do Río, en duas horas estaban disoltos na auga. Denunciado por ADEGA
11-9-2006 Río Lobo (Concellos de Lousame e Noia). Aparecen peixes mortos ao longo do río. O alcalde de Lousame afirma que pode deberse a un vertido de productos químicos ou de lixivia. Fonte: El Correo Gallego
13-9-2006 Río do Con (Concello de Vilagarcia de Arousa). Novo vertido neste maltratado río esta vez trátase dunha mancha filamentosa de cor branca. Fonte: A Voz de Galicia
19-9-2001 1.-Canle de Regadio (Concello de Monforte de Lemos). Líquidos pestilentes de cor vermella sangue. Fonte: A Voz de Galicia 2.-Río Sar entre Francelos (Rois) e Ponte de Chave de Carballo (Brión), peixes mortos, auga cor marrón e mal cheiro. Denunciado por ADEGA
20-9-2006 Cabo Vilán (Concello de Camariñas). A piscifactoria de Stolt Sea Farms non ten permiso de vertido pero sen embargo está en actividade dende hai máis de dous anos, evacuando ao medio centos de litros por segundo de augas con elevada carga orgánica e posiblemente outros productos. Denunciado por ADEGA
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA