![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Crónica do primeiro RoteiRíos do ano 2013: Curso alto do Lérez |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() O principal foi a creación dun treito de pesca
![]() Xa ao carón do Lérez, puidemos coñecer diferentes especies de flora nemoral que aínda se poden atopar nas marxes do río, así como a flora acompañante de carballeiras que medran en lugares de altitude media como os arandos (Vaccinium myrtillus) e fentos como o espiña de peixe (Blechnum spicant). Tamén tivemos oportunidade de coñecer outra flora vinculada estreitamente aos medios acuáticos. En canto á fauna, puidemos ver varios exemplares de Limpafontes ibérico (Lissotriton boscai) e Carabus galicianus, escaravello moi ligado aos cursos fluviais de augas limpas, endemismo de Galicia e Norte de Portugal, e catalogado como vulnerable no Libro Vermello de Invertebrados de Continuamos a ruta pola marxe do río até a aldea de Pereiro, onde o río forma un profundo canón. Puidemos apreciar, dende unha zona elevada, o excelente bosque de galería que acompaña ao río en todo o seu treito alto, así como as diferentes gamas de cor verde das distintas árbores que forman dito bosque, que en contraste co amarelo intenso de toxos e xestas, conformaba unha paisaxe espectacular. Chegando á aldea de Andón e ao carón da súa ponte medieval dispúxose un apurado xantar pola ameaza constante de choiva. Logo de comer, recollemos as cousas e nos achegamos ata o bar do pobo para quentarnos cun café de pota. Como iamos ben de tempo achegámonos ata o Mosteiro do Acibeiro, que foi restaurado e reconvertido a hotel.
Podes ver as fotos da xornada no seguinte álbum de Google+. |