![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
ADEGA colabora coa ONGD Equus Cebra na recollida de roupa |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() Esta asociación recolle a roupa a través dos contentores instalados en varios concellos de Galiza (previo convenio) e tamén recollen roupa a domicilio. Unha vez recollida a roupa hixienízase e seleciónase na planta de reciclaxe. A roupa que está en bo estado vendese a prezo simbólico nunha rede de tendas solidarias, outra parte de roupa en bo estado destínase a persoas en risco de exclusión e a roupa desgastada destinase a empresas que reciclan este tipo de materiais. Deste xeito redúcese o volume da roupa usada que iría ao vertedoiro ou queimar, reutilízase a maioría da roupa e facilítase a reciclaxe dos téxteis en mal estado que son transformados noutros produtos. En ADEGA apoiamos este tipo de iniciativas e dende hoxe tanto o local de ADEGA Lugo como o local de ADEGA Compostela, somos puntos de recollida de roupa. Se queredes desfacervos de roupa podedes depositala nos nosos locais e unha vez que xuntemos unha certa cantidade, nós chamaremos a Equus Zebra para que a recolan. Máis información sobre a ONGD na páxina: http://www.equuszebra.es/gl/ Os horarios da recollida de roupa nos nosos locais son: En Lugo (Ronda das Fontiñas, 180 – entrechán)
Luns: 10 a 14h
En Compostela (Travesa de Basquiños, 9 Baixo)
De Luns a venres: 10h a 14h
Martes e xoves: 18h a 19h
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|