Adega
INICIO Últimas novas A Comisión Promotora da ILP contra a incineración e pola reciclaxe participa na conferenza "ZERO WASTE" no Parlamento Europeo
A Comisión Promotora da ILP contra a incineración e pola reciclaxe participa na conferenza "ZERO WASTE" no Parlamento Europeo PDF Imprimir Correo-e
Envia A Comisión Promotora da ILP contra a incineración e pola reciclaxe participa na conferenza "ZERO WASTE" no Parlamento Europeo a FaceBookEnvia A Comisión Promotora da ILP contra a incineración e pola reciclaxe participa na conferenza "ZERO WASTE" no Parlamento Europeo a Twitter
DelILPZwroWaste6 de marzo de 2013. Unha delegación galega integrada por membros da Comisión Promotora da ILP, convidada polo BNG e o grupo Verdes-ALE do Parlamento Europeo, vai participar na conferenza "ZERO WASTE" que reunirá en Bruxelas este 7 e 8 de marzo a organizacións de todo o mundo. Tátase de partillar experiencias e artellar propostas para conqueirir unha incineración/vertido CERO á hora de tratar os nosos refugallos. Neste evento no que imos debater sobre as políticas europeas de xestión de residuos, amosaremos tamén a catastrófica xestión dos residuos de SOGAMA en Galiza e apresentaremos aos asistentes e ao comisario de medio ambiente Janez Potocnik a ILP galega que vén de colleitar o apoio de máis de 21.000 sinaturas.
Descarrega o PROGRAMA da delegación galega. EMISIÓN en DIRECTO e GRAVACIÓNS das sesións.

OBXECTIVOS da delegación galega na conferenza "Zero Waste" 2013 en Bruxelas:

1. Participación e toma de contacto con outras organizacións e experiencias europeas para a posta en común de iniciativas.

2. Apresentación da Iniciativa Lexislativa Popular no marco da conferencia e contextualización co problema existente en Galiza e o incumprimento repetido da normativa comunitaria de xestión de residuos no caso da incineración. Aproveitaremos para entregarlle a ILP ao Comisario de Medio Ambiente Janez Potocnik. 

INTEGRANTES da delegación galega:
 
-Manoel Soto Castiñeira, Catedrático de Enxenería Química da Universidade de A Coruña.
-Celestino Quintela, Plataforma Galega contra a incineración e pola reciclaxe.
-Maria Rodríguez Lafuente, Vogal de Residuos e responsábel dos programas de compostaxe de ADEGA.
-Xosé Manuel López Fernández, Plataforma Incineradora "No Deza Non".
-Marta Domínguez Domínguez, técnica de proceso do complexo ambiental de Lousame para o tratamento de RSU e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.
-Rocio da Igrexa Prego, Voceira Municipal do BNG no Concello de Cerceda.

PROGRAMA:

XOVES 7 DE MARZO
08.15h: Recollida no hotel e traslado en metro ao Parlamento Europeo.
09.00-13.00h: Acreditación para a conferenza "Zero Waste/Residuos cero: Cara a reciclaxe. Mellores prácticas na xestión de residuos na Unión Europea", organizada polo BNG-Grupo Verdes-Alianza Libre Europea do Parlamento Europeo. Lugar: Sala ASP 1G3.
11.45h: Intervención de Manuel Soto, membro da Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para apresentar a proposición de lei para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza.
13.00-14.00h: Xantar no comedor do Parlamento Europeo.
15.00-18.30h: Taller temático sobre "Presentación e experiencias de Zero Waste e mellores prácticas na sociedade". Lugar: Sala A5E1.
18.30h: Presentación da película “TRASHED” coa presenza do seu produtor Jeremy Irons e a directora Candida Brady.
19.00h: Proxección da película. Lugar: Sala A1G3.

Agradecementos:

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA