![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
ADEGA a Feijóo e Tahoces (D. X. Industria): Apostar polo "fracking" é permitir envelenar as raices da terra |
![]() |
![]() |
![]() |
Malia a que os xacementos susceptíbeis de seren explotados non son tan abondantes como noutros lugares do estado, a densidade de poboación en Galiza é moi superior a de outras áreas damnificadas por estas prácticas. Alén disto, os principais depósitos de gas susceptíbeis de seren aproveitados por estas técnicas poderían atoparse nos fondos das rías e ao longo da plataforma continental galega. Nas áreas produtoras de gas natural, as técnicas de "fracking" son o último recurso que aplican as multinacionais da enerxía para acabar de espremer un xacemento, que logo abandonan para continuar o seu labor depredatorio noutra área deixando o territorio devastado e inzado de refugallos tóxicos. A Xunta de Galiza, como noutras ocasións, volta a poñerse aos pés das multinacionais entregando o noso territorio ao capital especulativo para que as súas contas de beneficios engorden a costa da desfeita ambiental e social. Está por ver se Feijóo, Tahoces e compaña non rematan a súa carreira política nos consellos de administración dalgunha destas empresas, tal e como aconteceu con González, Aznar, Solbes... A Xunta de Galiza debería tomar exemplo do governo de Cantabria (PP) que vén de aprobar un acordo para buscar fórmulas legais que impidan o desenvolvemento destas técnicas no seu territorio. Dende ADEGA facémonos eco do acordo da nosa 37 Asemblea e esiximos da Xunta o veto ao "fracking" en Galiza, seguindo o exemplo do governo cántabro. Estas prácticas depredadoras son a confirmación de que a actual crise ten tamén unha forte compoñente ambiental: Todo vale para espremer até o último gramo de ouro, gas, coltán... a costa de envelenar a terra e a xente. Despois, a colonizar outro territorio deixando a terra erma e os petos dos especuladores e políticos corruptos cheos. Ligazóns de interese:
|