IX Encontro do voluntariado do Proxecto Ríos: Comunidades de mamíferos de ribeira |
Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado de Proxecto Ríos. Será o día 15 de xuño de 2013 e o evento se celebrará no Concello de Rábade, no Centro de Interpretación Casa das Ínsuas. Alén das presentacións dos grupos de voluntariado, realizaremos unha mesa redonda marco cuxa temática será: Comunidades de mamíferos de ribeira. Se non sabes como chegar, pica nesta ligazón Os encontros de voluntariado son o espazo para que os grupos que están a participar presenten as súas experiencias, tanto relacionadas coas inspeccións como noutros temas que teñan que ver cos ríos. Trátase en definitiva dunha xornada na que os protagonistas son os/as voluntarios/as do Proxecto Ríos.
Tamén aproveitamos para coñecer as oportunidades que nos ofrecen os nosos ecosistemas fluviais, como o recoñecemento dos mamíferos que viven nos nosos ríos. Teremos tempo de conversar e coñecer iniciativas, e como sempre tamén haberá espazo para facer un roteiro pola contorna.
PROGRAMA: 10.15h Benvida ao voluntariado.
Oscar Rivas. Centro de Interpretación Casa da Ínsuas. Virginia Rodríguez. Proxecto Ríos. 10.30h Presentación de experiencias do Voluntariado do Proxecto Ríos.
12.00h Mesa redonda: Comunidades de mamíferos de ribeira.
Augusto de Castro. Profesor do Departamento de Zooloxía do Campus de Lugo. Rafael Romero. Responsable das sondaxes de lontra en Galicia.Biólogo. Jesús Santamarina. Responsable do LIFE Margal–Ulla. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia. 14.15h Sesión de clausura.
14.30h Xantar popular.
16.30h Roteiro guiado por Rafael Romero para o recoñecemento de rastros e pegadas de mamíferos.
Se queres participar no Encontro ponte en contacto con nos: e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; Tlf: 981 57 00 99 |