Adega
INICIO Últimas novas Milleiros de persoas en Compostela en defensa da vida e da Terra e contra a megaminaría contaminante e colonial
Milleiros de persoas en Compostela en defensa da vida e da Terra e contra a megaminaría contaminante e colonial PDF Imprimir Correo-e
Envia Milleiros de persoas en Compostela en defensa da vida e da Terra e contra a megaminaría contaminante e colonial a FaceBookEnvia Milleiros de persoas en Compostela en defensa da vida e da Terra e contra a megaminaría contaminante e colonial a Twitter
MINANON-Pan

faixadegaEste domingo 2 de xuño, milleiros de persoas démonos cita en Compostela nunha manifestación histórica contra a megaminaría contaminante e colonial, convocadas por unha manchea de organizacións ecoloxistas, sociais e plataformas veciñais. Foi a manifestación ambientalista máis miultitudinaria dende o Prestige; a resposta pacífica, mais contundente, da cidadanía galega de ben, dos bos/as e xenerosos/as contra as ducias de de proxectos mineiros pairan sobre o noso ambiente, agardando para arramplar cos nosos recursos e deixarnos contaminación e desfeitas ecolóxicas, coa conivencia do PP. Feijóo, atende: A defensa da Terra move a milleiros!

Corcoesto, O Galiñeiro, Castrelo de Miño, Xinzo, Cartelle, A Terra Chá, O Iribio, Santa Comba, Zas, Pinzás, A Penouta... son os nomes das ameazas, en proxecto ou reais, que mañán poderían transformarse en catástrofes como Aznalcóllar e Baía Mare (Romenia).

E isto pode acontecer porque malia a que o estado español non foi formalmente rescatado, unha troika perversa integrada polo capitalismo, a especulación e a corrupción fomenta que grandes empresas transnacionais, coa cooperación necesaria e cómplice do PP, apliquen tamén o seu modelo neo-colonial de explotación e apropiación dos nosos recursos naturais. Estes proxectos agresivos, cunha forte compoñente especulativa debido ao alto prezo destas materias primas nos mercados internacionais, esquecen á poboación local e extírpana das súas terras para poder apropiarse da súas riquezas e da súa vida.

faixalianzaNon só algúns recursos concretos están ameazados polo expolio (ouro, terras raras, wolfram, coltán...), son tamén os chamados servizos ecosistémicos os que están en xogo. Os servizos que nos prestan os ríos, pola súa capacidade de fornecernos de auga e de depurar (aotodepurar) a contaminación; os bosques (captura de CO2 e sustento da biodiversidade); as montañas (captción de auga e regulamentación do ciclo hídrico); ou as costas (amortecemento dos impactos do cambio climático e berce de recursos alimenticios), entre outros, están tamén ameazados.

Porque GALIZA NON É UNHA MINA, FÓRA AS EXPLOTACIÓNS CONTAMINANTES E COLONIAIS !

Ligazóns: MANIFESTO MINARÍA ALIANZA RURAL GALEGA

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA