Nova Xunta Directiva de ADEGA. 35 Asemblea Xeral |
O pasado 27 de novembro, ADEGA celebrou a súa XXXV Asemblea Xeral baixo o lema “O territorio, a nosa identidade”. Tras afondar nos motivos polos cales a organización ecoloxista máis senlleira de Galiza afirma que estamos a vivir unha involución ambiental “sen precedentes” na historia do país, sinalou que o seu obxectivo primordial para o vindeiro ano vai ser a defensa do territorio galego de todas cantas ameazas ten e se prevén: urbanismo á carta, máis incineración, máis muíños “a dedo”, máis minicentrais, máis asfalto e coches, espazos naturais menos protexidos, menos restricións urbanísticas, menos tren de proximidade, menos dereitos cidadáns… No seu 35 aniversario, ADEGA destacou os tempos de hostilidade que está a vivir o movemento ecoloxista e o resto da sociedade para defender o medio e o territorio galegos. O rexurdimentos de novas-vellas políticas e proxectos impactantes que quedaran no esquecemento, ou a elaboración de instrumentos de xestión “retrógados” (Plano de Residuos, Plano Hidrolóxico, Plano MOVE, etc.), e carentes de contido (Directrices de Ordenación do Territorio, Plano Litoral…) poñen de novo en perigo a sostibilidade e protección dos nosos recursos. Por iso, fixou como obxectivo principal das accións de ADEGA a defensa do territorio como elemento transversal e de referencia de todos as súas áreas e grupos de traballo. Este contexto político-social-ambiental fai que ADEGA reafirme con maior intensidade o seu compromiso na defensa do patrimonio ameazado, non só por constituíren un recurso natural, senón por ser un elemento que nos identifica como pobo. Consciente da transcendencia deste desafío, que excede o ámbito de actuación do colectivo ecoloxista, ADEGA fixo un chamamento ao resto do tecido social e cultural galego para establecer sinerxías e cooperar na demanda da protección territorial fronte proxectos agresivos no litoral, no medio rural, nos espazos naturais protexidos, nos ríos, etc. Así mesmo, estableceu unha serie de liñas estratéxicas, nomeadamente, a nivel organizativo e comunicacional, que buscan mellorar e aumentar a súa presenza e capacidade de actuación na sociedade galega. NOVA XUNTA DIRECTIVA. 35 Asemblea Xeral -Presidenta e vogal de Ríos: Virxinia Rodríguez
-Vicepresidente: Xesús López Piñeiro
-Secretario Xeral e vogal de Mundialización e Pacifismo: Froilán Pallín
-Vicesecretario Xeral e vogal de Biodiversidade: Xosé Salvadores
-Tesoureiro: Xan Louzao
-Vogal da Comisión Permanente e de Consumo Sustentábel: María Xosé Castro
-Vogal da Comisión Permanente e de Publicacións: Manuel Soto
-Vogal da Comisión Permanente e de Transporte: Adela Figueroa.
-Vogal da Xunta Directiva: Monserrat Lombardía
-Vogal da Xunta Directiva: Alberte Sánchez
-Vogal da Xunta Directiva: Pepa Pérez Sañudo
-Vogal da Xunta Directiva: Nes Lopes
-Vogal da Xunta Directiva: Serxio Perille
-Vogal de Agroecoloxía e Transxénicos: Margarida Miguéns
-Vogal de Comunicación: Belén Rodríguez
-Vogal de Cooperación Lucía Parente
-Vogal de Dereito Ambiental: Fernando de Abel
-Vogal de Desenvolvemento Rural: Lois Toirán
-Vogal de Educación Ambiental: Ramsés Pérez
-Vogal de Enerxía e Cambio Climático: Fins Eirexas
-Vogal de Espazos Naturais: Martiño Fiz López Lindoso
-Vogal de Estratexias de Comunicación: Benigno F. Salgado
-Vogal de Medio Rural: Xabier Bruña
-Vogal de Mocidade: Alberte Mera
-Vogal de Montes: Marcial Barral
-Vogal de Muller: María García
-Vogal de Ordenación do Territorio e Urbanismo: Daniel L. Vispo
-Vogal de Patrimonio Cultural e Arqueoloxía: Manolo Miranda
-Vogal de Protección Animal: Isabelle Kerdudo
-Vogal de Patrimonio Xeolóxico: Xoán Ramón Vidal Romaní
-Vogal de Recursos Audiovisuais: Xosé Luís Blanco
-Vogal de Relacións Sociais: Suso Oca
-Vogal de Residuos: María Lafuente
-Vogal de Saúde Ambiental: Luis Díaz Cabanela
-Vogal de Voluntariado: Paco Bañobre
|