O vindeiro domingo 28 de abril o Proxecto Ríos organiza o primeiro Roteirríos 2013 desta volta destinado a coñecer iniciativas de Custodia Fluvial. A ruta aberta a toda a cidadanía pero con prazas limitadas percorrerá o novo tramo de pesca sen morte creado ao abeiro do Proxecto de Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez. Iniciativa de ADEGA financiada con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER que se desenvolve no Grupo de Desenvolvemento Rural número 20, nos concellos de Forcarei, Cuntis e A Estrada. Máis info e inscricións: Ramsés Pérez 616 238 050
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Podes descarregar o cartaz eiquí.
|
Ler máis...
|
|
A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. ADEGA organizou unha actividade de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares o pasado sábado 16 de febreiro de 2013, contando coa colaboración do concello de A Estrada.
FOTOS DA XORNADA
|
Ler máis...
|
Xaneiro de 2012. O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partires das análises realizadas polo voluntariado participante. Preséntanse os resultados das inspeccións, a metodoloxía empregada na realización do informe e as actividades máis importantes desenvolvidas durante 2012. Os resultados das inspeccións amosan que o 45% dos ríos están nun estado moi bo; o 34,5% bo; o 12,5% moderado e o 8% deficiente. Obsérvase un descenso moderado dos treitos con estado "moi bo" e "bo" respecto aos anos 2010 e 2011, que pasa dun 82% a un 80% así como un aumento dos de calidade "deficiente".
|
Ler máis...
|
2 de maio de 2012. A segunda fase do “Proxecto de Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez” xa está en marcha. Este proxecto é unha inciativa de ADEGA e está financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER. A primeira fase estivo centrada na divulgación da custodia fluvial e na creación de grupos de voluntariado. Foron estes grupos, a maioría pertencentes á asociacións dos concellos do GDR20 (A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga) os que durante o 2011 saíron aos seus ríos para coñecelos e realizar accións de voluntariado e defensa ambiental.
|
Ler máis...
|
ADEGA está a organizar unha xuntaza para o día 15 de decembro (xoves) ás 17:00 no Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes (PO-841, s/n. Toedo - A Estrada).
Están convidadas a este evento todas as asociacións e entidades participantes no Proxecto de creación de unha rede de custodia fluvial nas cuncas do Ulla Umia e Lérez.
|
Ler máis...
|
Comeza a nova temporada de inspeccións de río na comarca Tabeirós-Terra de montes. Os voluntarios e voluntarias do proxecto de Custodia Fluvial Umia Ulla Lérez farán saídas aos ríos durante este mes e o seguinte para comprobar o seu estado de saúde.
Pero non é esta a única actividade de outono. Numerosos grupos de participantes realizarán o 2 de outubro unha limpeza simultánea de Ríos.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 2 |