O proxecto chamado Arredor da auga, promovido pola Asociación Cultural O Fervedoiro, desenvólvese na vila de Cuntis.
As actuacións previstas se sitúan no río Gallo e poñen en valor o seu patrimonio etnográfico fluvial na vila do Baño así como no Lugar de Meira. Nestes lugares destacan os lavadoiros fluviais que datan do século XIX, e os pasos para cruzar o río á altura de Meira.
|
A chuvia non desanimou aos voluntarios e voluntarias que o pasado sábado 9 de marzo se deron cita en Cuntis para levar a cabo a limpeza dos lavadoiros fluviais. Esta actividadade enmárcase no proxecto de Creación dunha rede de custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia e Lérez desenvolvida por ADEGA, financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A Asociación O Fervedoiro de Cuntis colabora con ADEGA dentro deste proxecto na bacía do Umia, desenvolvendo a súa iniciativa: Arredor da Auga, centrada na recuperación do patrimonio etnográfico vencellado ao curso do río Gallo na vila de Cuntis. Podes ver fotos da xornada no álbum de Picasa.
|
Ler máis...
|
|
21 de novembro de 2012. O proxecto Arredor da Auga é unha iniciativa de custodia fluvial que ADEGA en colaboración coa asociación O Fervedoiro promoven na vila de Cuntis. Enmárcase dentro dun proxecto maior que se desenvolve nas bacías do Ulla do Umia e do Lérez, e que pon en valor o patrimonio natural e cultural dos ecosistemas fluviais mediante iniciativas de entidades sociais. Este ambicioso proxecto, ideado para a súa realización no río Gallo (pertencente á cunca hidrográfica do río Umia) ten por obxecto concienciar á sociedade do valor da conservación dos ecosistemas fluviais e do seu patrimonio.
|
Ler máis...
|
O último día do mes de setembro, a Asociación Cultural O Fervedoiro participou nunha limpeza do río Gallo promovida por ADEGA. Dende o colectivo, dez voluntarios/as xuntáronse xunto á pasarela de madeira existente no centro do núcleo urbano ás 9 da mañá para comezar o traballo, compromiso e defensa do medio ambiente. Dende a cerna urbana o grupo dirixiuse río abaixo, unha distancia aproximada de medio quilómetro e aínda que non se sacaron tantos residuos como noutras ocasións, serían algo máis de 200 kg de lixo inorgánico os retirados do cauce.
|
Ler máis...
|
A Asociación O Fervedoiro de Cuntis, realizou unha saída de inspección ao río Gallo para coñecer a vida que forma parte do mesmo, e comprobar o estado da auga. Armados con lápis e fichas, cumplimentáronse os datos que ofrecía o conxunto do río, as súas beiras e a súa canle. Identificando así a fauna e flora que habita neste medio natural. Botando man de varias mostras de auga observouse a gran cantidade de vida que se pode chegar a atopar nunha pequena proporción de río. Tomouse nota do caudal que levaba nese momento, máis alto do normal para esta época do ano debido as choivas que houbo días atrás. Polo que respeta a calidade da auga nese preciso intre non advertimos ningunha anomalía, algo que por desgraza non é habitual. Pois, en varias ocasións, tense observado certas saídas que dan ao Gallo outras cores nas augas fluviais. Esta inspección forma parte do proxecto que a asociación o Fervedoiro está a realizar en colaboración con ADEGA no río Gallo. O proxecto chamado Arredor da Auga terá máis actividades que se desenvolverán nos próximos meses para a posta en valor do seu patrimonio etnográfico fluvial.
|
|
|
|
|