Adega
INICIO Novas de custodia fluvial Apresentación do Proxecto de Custodia Fluvial
Apresentación do Proxecto de Custodia Fluvial PDF Imprimir Correo-e
Envia Apresentación do Proxecto de Custodia Fluvial a FaceBookEnvia Apresentación do Proxecto de Custodia Fluvial a Twitter
presentacioncustodiafluvial.jpgO venres 25 de marzo, presentouse ante os medios de comunicación o Proxecto de custodia fluvial Ulla, Umia, Lérez no centro Comarcal de A Estrada. O programa de actividades terá unha duración de 18 meses e se desenvolverá nos dez concellos que forma parte do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla, Umia, Lérez. A presentación fíxose a cargo de Anxo Ascariz, xerente do GDR, Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA, e Lucía Parente, coordinadora do Proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia Lerez.

O proxecto GDR pretende promover nas dúas comarcas (Caldas e Tabeirós-Terra de Montes), tras facer nunha primeira fase unha diagnose do estado de saúde dos ríos, actividades de custodia fluvial (recuperación de camiños e marxes degradadas, limpezas de ribeira, plantación de árbores autóctonas, restauración de muíños e lavadoiros, etc.).

É un proxecto dirixido ás asociacións dos dez concellos pertencentes ao grupo, que actuarán como socias do proxecto. Realizaránse tamén diferentes activades complementarias vinculadas aos ríos como saídas formativas, encontros de voluntariado, xornadas de limpeza de ríos, etc.

A partir do luns 28 de marzo iniciarase a divulgación do proxecto mediante presentación nos concellos que constitúen o GDR. Podedes consultar data e lugares na axenda.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA