II curso práctico de apicultura na Eira da Xoana |
|
|
Domingo, 30. Maio 2010, 10:00
|
|
CURSO PRÁCTICO DE APICULTURA NA “EIRA DA XOANA”
Organiza: ADEGA
Colabora: AGA (Asociación Galega de Apicultura)
Data: Domingo, 30 de maio
Lugar : Eira da Xoana- Ramil (Agolada)
Información e inscricións: Marcial Barral. Tel.: 638 475 322
Despois de termos colocado as colmeas no inverno, agora é tempo de lle botar unha ollada á nosa alvariza e ver como están as súas pequenas e numerosas inquilinas. Aproveitaremos entón o bon tempo deste fin de semana para achegarmonos ao incríbel mundo das abellas, tan favorecedoras do ambiente e da agricultura em xeral.
Un dos obxectivos desta actividade é mellorar os coñecimentos d@s soci@s, viciños e interesados en xeral, animándoos a se introducir neste mundiño apaixonante.
PROGRAMA, domingo 30 de maio
11.00 h Charla teórica sobre a actividade e a apicultura en xeral
11.45 h Imos á alvariza: ollar a “cámara de cría, comprobando o seu estado e, só se for necesario, dar un tratamento (sempre será alternativo aos de síntese). Colocar as “alzas”.
14.00 h Xantar: cada un trae o seu que compartillamos, se queremos, c@s compañeir@s.
16.00 h Imos ao Cotón dos Fogos onde, @s que queiramos, tiraremos unha foto que enviaremos ao programa “Montañas en Rede” co lema deste ano: “As montañas sí importan”, para logo continuarmos cun pequeno roteiro até o monte custodiado do biduedo (custodia do territorio)
19.00 h Fin da actividade
NOTAS : Prezo da actividade para os non socios de ADEGA/AGA : 3 euros. A AGA dispón dalgunhas caretas, mais non está de máis que traiades a vosa (as abellas pican, ás veces)
Aproveitamos para informar de que nos dias 5 e 6 de xuño, organizado por AGA, celébrase o II FORO APÍCOLA, en Arzúa
|
Volver
|