Adega
INICIO Áreas temáticas Residuos / Contaminación A problemática ambiental das estacións de transferencia
A problemática ambiental das estacións de transferencia PDF Imprimir Correo-e
Envia A problemática ambiental das estacións de transferencia a FaceBookEnvia A problemática ambiental das estacións de transferencia a Twitter
Como é ben sabido, o plano de xestión do lixo da Xunta, concretado a tarvés da empresa SOGAMA cosntituida pola Xunta e FENOSA, foi aprobado en xaneiro de 1992. Nese primeiro documento manexaba-se a cifra de 34 instalaciónS destinadas a facilitar o transporte do lixo até un único ponto do país: Cerceda. Estas instalaciónS recebian o nome de Estacións de Transferéncia (ET) nuns casos, e de Peiraos de Trasferéncia, noutros. Mais tarde, en modificaciónS posteriores pasaria-se a falar de tan só 8 ET en 1996, cando non estava prevista ningunha para a Mariña luguesa, ás 18 actuais, a situar en diferentes pontos de Galiza ainda sen identificar pola Xunta. As localizacións previstas varian dun momento a outro.

Os conflitos que tiveron lugar en Guixar onde se instalou o que polo momento é a única destas plantas en funcionamento, acuñaron o nome de EMPACADORA, non sen certa razón, pois nelas o lixo é transferido desde os camións de recollida ordinários para uns contentores de maior capacidade (uns 20 m3), aplicando unha certa compactación que fai aumentar a capacidade en toneladas deses contentores.

Por tanto, a finalidade destas “empacadoras” é facilitar o transporte e reducir os elevados custos que o plano SOGAMA acusa por este motivo. Pero, cales son os aspectos negativos e perxuicios destas empacadoras?. A xusgar pola oposición que suscitaron en Guixar primeiro, e despois en Vilaboa, xusto ao outro lado da ponte de Rande, pero tamén no Salnés ou en Silleda, semella que poden causar graves problemas tanto de tipo ambiental como incidindo negativamente sobre o valor dos solares e a calidade de vida nas suas imediacións.

En primeiro lugar, hai que dicer que as empacadoras son o primeiro eslabón dunha cadea destinada a incinerar o lixo, e a contaminación das incineradoras é un dos principais problemas ambientais e de saúde co que nos atopamos hoxe. Pero o verdadeiro desencadeante da oposición veciñal contra estas instalacións son os agrávios comparativos que o modelo centralizado de xestión do lixo elexido pola Xunta supón.

Por outro lado, non menos importante é a problemática ambiental que unha instalación deste tipo pode causar. O impacto ambiental dunha estación de transferéncia pode considerar-se similar ao dun vertedeiro controlado de lixo sen tratamento prévio. O impacto é permanente e afecta tanto ao solo como á atmósfera e ás augas. A incidéncia sobre a calidade ambienal será inmediata á posta en funcioanmento da instalación, e continuará por todo o tempo de operación, en princípio de 25 anos, pero que poderia ser indefinido.

Fundamentalmente, haverá problemas de ruidos, lixo volante e cheiros. As necesidades de transporte fan que en xeral haxa unha maior proximidade ás vivendas que no caso dos vertedeiros, e por tanto maiores moléstias por ruidos, lixo volante, pó e tráfico de camións. Tamén aparecerán lixiviados, que poden dar lugar a vertidos residuais altamente contaminantes.

Hai aspectos dos proxectos de empacadoras elaborados por SOGAMA que poñen de manifesto a despreocupación desta empresa polo meio ambiente e pola saude da povoación. A modo de exemplo, prevé-se a cloración das augas residuais das empacadoras, o que creará un importante foco de contaminación adicional, con xeneración de organoclorados e dioxinas. Este sistema de tratmento para augas suxas pode considerar-se non só en desuso, senon praticamente proíbido na maioria dos paises.

Por último, temos que ter en conta a a experiéncia de Guixar e de Cerceda, que nos indican con claridade que existe unha total auséncia de medidas de redución do impacto ambiental se a povoación non as exixe de forma drástica e radical. En Guixar, as protestas levaron a que SOGAMA realizara inversións adicionais, pechando totalmente a instalación e realizando umha limpeza continuada das inmediacións. Desta forma, o orzamento da empacadora de Guixar ascendeu a 675 millóns de Ptas. Hoxe SOGAMA contempla instalar 18 empacadoras por só 2302 millóns de ptas. Unha empacadora similar á de Guixar costaria hoxe só un terceira parte do que lle custou hai 4 anos. A razón está na rebaixa das medidas de control da contaminación.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA