A Contaminación Electromagnética: Unha ameaza para a nosa saúde |
A contaminación electro-magnética xorde nos países industrializados como consecuéncia do uso cada vez maior de aparellos e instalacións rádio-eléctricas. A proliferación incontrolada destes elementos, próprios da sociedade do consumo e da información, fai que estexamos baixo a constante influéncia de campos eléctricos e radiacións electro-magnéticas, que contribúen á deterioración da nosa cualidade de vida. A crecente preocupación ambiental da poboación demanda das institucións públicas e da comunidade científica unha maior e máis fiábel información encol dos efeitos destas radiacións nos seres vivos, exixindo-lles que adopten medidas para que o uso destas tecnoloxias resulte inócua.
Mais como veremos, son muitos os intereses que fomentan o uso case descontrolado de todo este artifício tecnolóxico, fóra dos propriamente públicos e de servizo social. A presión de importantes lobbys económicos fai moi difícil abordar o tema dende posicións independentes, polo que frecuentemente a obxectividade científica e a seguridade cidadá fican nun segundo plano en favor das cuestións económicas. Deste xeito, algúns organismos estabelecen límites de toleráncia moi permisivos, relativizando estudos científicos e desouvindo recomendacións sanitárias, para tentar minimizar os posíbeis efeitos negativos da contaminación electro-magnética. AS RADIACIÓNS ELECTRO-MAGNÉTICASOs campos e radiacións electro-magnéticas (CEM) teñen a mesma natureza que a luz, mais son invisíbeis para os humanos, xa que caen fóra do rango da nosa percepción sensorial. Os seus efeitos sobre os seres vivos son, porén, perfeitamente reais e medíbeis: segundo sexa a sua frecuéncia e intensidade produciran-se diferentes tipos de interaccións. A este respeito, e cando se estudan os efeitos biolóxicos destas emisións, cómpre distinguir dúas castes de radiacións: as ionizantes e as non-ionizantes. As ionizantes, debido á sua alta enerxia, desprazan electróns en átomos e moléculas, producindo cámbios susceptíbeis de provocaren lesións nos tecidos biolóxicos e mutacións no ADN. As radiacións ionizantes comezan no ultravioleta (UV) duro e inclúen os raios X e raios gamma (?). As radiacións non-ionizantes posuen enerxías máis baixas, non chegando a alterar os átomos e as moléculas. A este grupo pertencen os UV brandos, a luz visíbel, os infra-vermellos (IR), as micro-ondas (MW), as rádio-frecuéncias (RF) e as frecuéncias ultrabaixas (FEB). É dentro deste conxunto onde se encadran as radiacións producidas polas liñas de alta tensión, aparellos eléctricos e teléfonos móbeis, principais causantes da contaminación electro-magnética. CLASIFICACIÓN DAS RADIACIÓNS NON IONIZANTES (CEM)No noso entorno hai dous grandes grupos de fontes de exposición a campos electromagnéticos e, polo tanto, de contaminación asociada: 1. As que xeran campos de frecuéncia entre 0 Hz (Hertz) e 3 kHz (kiloHertz), isto é, campos estáticos, ELF (Extremely Low Frequence) ou FEB (Frecuéncias Extremadamente Baixas), producidas polos seguintes procesos e aparellos
2. As fontes de rádio-frecuéncias (RF) e micro-ondas (MW), próprias das emisións de rádio e TV, dos telefones móbeis e antenas de telefonia, radares e outros, que xeran campos de entre 3 kHz e 300 GHz (GigaHertz):
EFEITOS BIOLÓXICOS DAS RADIACIÓNS NON IONIZANTESOs efeitos que as radiacións non-ionizantes teñen sobre os seres vivos poden-se clasificar en térmicos e non térmicos. Os primeiros están relacionados cun incremento local da temperatura nos tecidos vivos provocados por determinadas rádio-frecuéncias e micro-ondas. Os efeitos non térmicos refiren-se á influéncia das radiacións en determinados procesos bioquímicos e fisiolóxicos, e á interferéncia das correntes inducidas por campos de FEB (Frecuéncias Extremadamente Baixas) en alguns procesos bioeléctricos. De seguido, imos avaliar a intensidade da contaminación electro-magnética e os efeitos biolóxicos provocados polas RNI, atendendo ás duas principais fontes de emisión: Os electrodomésticos e liñas de condución eléctrica (produtores de FEB), e os teléfones móbeis e antenas de telefonia (fontes de micro-ondas - MW). AS LIÑAS ELÉCTRICAS. CARACTERÍSTICAS E PRINCIPAIS FONTES DE FRECUENCIAS EXTREMADAMENTE BAIXAS (F.E.B.)1As cargas eléctricas xeran campos eléctricos ao seu redor. Á sua vez, o movimento destas cargas através dun condutor xera un campo magnético cuxa intensidade é proporcional á da corrente que circula. Sempre que unha persoa se atope perto dunha instalación ou aparello que funcione con electricidade estará sometida a un campo eléctrico e a un campo magnético. Os campos eléctricos meden-se en kV/m (kiloVolt por metro), diminuen coa separación da fonte e ven-se atenuados pola matéria, polo que é doado apantallá-los. Os campos magnéticos tamén rebaixan a sua intensidade coa distáncia, mais atravesan os materiais, polo que o seu apantallamento é practicamente imposíbel. Por isto, a maioria de estudos centran-se máis nos efeitos dos campos magnéticos que nos eléctricos. As unidades de utilización máis frecuentes son ?T (microTeslas) ou mG (miliGauss), 1?T = 10 mG.
BIOEFEITOS RELEVANTES E EPIDEMIOLOXIA DAS FRECUÉNCIAS EXTREMADAMENTE BAIXAS (F.E.B.)As evidéncias científicas dos efeitos biolóxicos e da influéncia dos campos FEB sobre a saude son muitas, e comprenden estudos tanto “in vitro” como “in vivo” en animais e humanos. Deste xeito, pode-se constatar que en determinados experimentos e baixo certas condicións, inducen-se os seguintes efeitos biolóxicos:
Os dados poñen de manifesto que o sistema nervoso é relativamente sensíbel a exposicións prolongadas e FEB intensos. Asimesmo, estudos epidemiolóxicos recentes3 revelaron unha tendéncia ao incremento do risco dalgunhas enfermidades neuro-dexenerativas (Alzheimer e esclerose múltiple), en traballadores de empresas e indústrias relacionadas coa xeración e distribución de enerxia eléctrica.
No 1992, o Instituto de Seguridade e Hixiene no Traballo de Finlándia comparou exposicións a campos magnéticos producidos por monitores de computador, observando que as mulleres preñadas expostas a campos de 0,3 ?T tiñan un risco 3 veces maior de abortaren espontaneamente que baixo campos de 0,1 ?T. A norma SWEDAC (Suécia) limita a emisión dos computadores a un máximo de 0,25 ?T a 50 cm da pantalla, norma aceitada por todos os fabricantes informáticos.
No 1998 o National Institute of Environmental Health Sciences (NIEHS) dos EEUU rematou o programa quinquenal RAPID, no que reproduciron e ampliaron diversos estudos que reportaban efeitos posibelmente nocivos, e se realizaron novas probas para determinar se a exposición aos campos FEB afectaba nalgun aspecto á saude. Baseando-se en critérios estabelecidos polo Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro (CIIC), o cadro internacional de expertos concluiu que os campos FEB debian considerar-se como un "posíbel carcinóxeno humano". A decisión do NIEHS fundaba-se na concordáncia de certos estudos epidemiolóxicos, segundo os cais en vivendas achegadas a liñas eléctricas parecia existir un maior risco de leucémia infantil. Os dados sobre riscos de cancro asociados á exposición a campos ELF en persoas que viven na veciñanza de liñas de distribución eléctrica amosan unha aparente consisténcia, revelando un moderado incremento na incidéncia de leucémia en nen@s. Nestes estudos atopou-se que nenos e nenas expostos cronicamente a campos de 0,4 ?T ou máis apresentaban unha probabilidade de desenvolver leucémia o dobre da observada en suxeitos non expostos, ou expostos a níveis máis baixos7. Como xa se publicou no 19928 a esposición a un campo magnético de 0,3 ?T, pode incrementar o risco de patoloxias dexenerativas (leucémia infantil e cancro de cerebro), nun 250%, e a partir de 0,3 ?T aumenta máis do 450%. Incluir cadro 3. Texto pé: Resultados de 21 estudos que avaliaron a asociación entre exposición a CEM de frecuéncia moi baixa (FEB) e o risco de leucémia infantil. Incluir cadro 4. Texto pé: Resultados de duas análises conxuntas de estudos de leucémia en nenos e nenas expostos a FEB, en función dos níveis de exposición (en microTeslas). Riscos relativos (RR) e intervalos de confianza (IC) ao 95%. Un RR de 1,5 cun IC do 95% representa un aumento do risco do 50%. Existen tamén dados sobre incrementos no risco de outros tipos de cancro, tais como tumores do sistema nervoso, cancro de mama entre traballadores/as (cunha incidéncia significativa nos homes) expostos cronicamente a campos relativamente intensos9, e cancro de testículos.
A anémia funcional ou pseudo-deficiéncia en ferro consiste nunha diminución deste elemento no sangue ralacionada coa exposición a FEB producidos por liñas de condución eléctrica. Este fenómeno foi descrito nunha vila francesa en persoas que vivian baixo tendidos de alta tensión. Xunto con esta deficiéncia, as persoas apresentaban tamén outros trastornos coma fatiga crónica, insómnio (especialmente infantil), hiper-nervosismo, baixa tensión, ansiedade-depresión, mareos e problemas de visión. Os responsábeis do estudo10 sosteñen que os campos de FEB poden modificar o metabolismo do ferro en poboacións sometidas a 0,2 ?T ou máis. A TELEFONIA MÓBIL. CARACTERÍSTICAS E PRINCIPAIS FONTES DE MICRO-ONDAS (M.W.)Ainda que existen outras fontes no eido doméstico (fornos micro-ondas) e laboral, son os telefones móbeis, as estacións base e as antenas repetidoras de telefonia móbil a principal fonte de contaminación por micro-ondas (de 300 MHz a 3 GHz). A comunicación entre telefone e antena realiza-se mediante a emisión/recepción destas micro-ondas, xeradas artificialmente por ambos aparellos. Cando as ondas chegan á antena máis próxima, ésta transforma-as para pasar á rede telefónica convencional (antena base) ou reemite-as (repetidor) até unha antena base. A intensidade da contaminación producida por estas equipas diminue coa distáncia ao foco emisor, pero atravesan a matéria polo que no interior dun edifício pode ser de 3 a 20 veces máis feble que no exterior, máis non desaparece. Os primeiros móbeis analóxicos (o servizo Moviline de Telefónica) traballaban na banda de 450 MHz. Os actuais aparellos dixitais emiten en duas bandas de frecuéncia, unha de 900 MHz (GSM, Global System Mobil), e outra de 1.800 MHz (DCS, Digital Cellular System). A telefonia móbil de terceira xeración (UMTS) funcionará inicialmente na banda de 2.100 MHz. O uso intensivo e a expansión do móbil na nosa sociedade (máis de 23 millóns de unidades no Estado español) fixo proliferar as estacións base (máis de 7.000) e antenas repetidoras en vilas e cidades, incrementando enormemente a contaminación por micro-ondas. A poténcia máxima da emisión dun móbil actual é de 2 W, mentres que a dunha antena típica é de 40 (as máis) ou 160 W. Para medir os níveis de exposición a estes campos usa-se o fluxo de poténcia en W/m2 ou máis frecuentemente, ?W/cm2, e a densidade de poténcia en W/kg. BIOEFEITOS E EPIDEMIOLOXIA DAS MICRO-ONDAS (M.W.)Efeitos térmicos: Neste rango e frecuéncias, a radiación interactua cos tecidos inducindo correntes eléctricas que xeran calor. Á frecuéncia de traballo dos móbeis, case a totalidade da enerxia é absorbida nuns poucos centímetros de profundidade a partir da pel. Produce-se o quecemento dos tecidos expostos, fundamentalmente naquelas zonas situadas máis perto da fonte de micro-ondas, isto é, a cabeza. Canta maior sexa a potencia do sinal incidente e a proximidade do emisor, maior será o quecimento dos tecidos. Os danos poden ser tanto lesións locais (queimaduras) como tamén reaccións fisiolóxicas debidas á hiper-térmia: Teñen-se descrito lesións nos órganos internos e mesmo no ollo que pode ser afectado por cataratas, e respostas fisiolóxicas tais como redución na habilidade para realizar algunhas tarefas intelectuais ou físicas (incrementos térmicos curtos de 1 oC), perda de fertilidade en homes, e dano fetal. Efeitos non-térmicos: Existen evidéncias experimentais de que aparecen respostas biolóxicas nalgúns sistemas espostos a microondas, á marxe das propriamente térmicas, en intensidades similares ás usadas pola telefonia móbil:
Numerosas probas indican tamén que a radiación artificial de microondas incide sobre o incremento da frecuéncia de tumores: Suxeitos irradiados manifestaron un aumento até de 2,4 veces no risco de tumores cerebrais temporais ou occipitais21; aumento na incidéncia de cancros como linfomas, asociados á exposición crónica a GSM22 (telefonia móbil dixital), con desenvolvimento dun 50% máis de tumores en ratos irradiados que no grupo de controlo, que non foron expostos. O diretor deste estudo é Michael Rapacholi, director do Proxecto Internacional de Campos Electro-magnéticos da Organización Mundial da Saude (O.M.S), ainda en execución. Un estudo realizado polo Instituto Karolinska en Suécia, sobre 209 enfermos con cancro cerebral, cuxos resultados foron apresentados en maio do 2000, amosa uns resultados suficientemente concluintes para recomendar aos usuários e usuárias que limiten o uso dos móbeis. LÍMITES DE EXPOSICIÓN E NORMATIVA LEGALAs numerosas investigacións feitas no eido da contaminación electro-magnética achegan diferentes resultados, o que leva a algúns expertos a propor límites de exposición moi dispares dependendo destes resultados, e da adscrición a unha determinada corente de opinión ou organismo máis ou menos independente. A O.M.S. ten agora en marcha o proxecto C.E.M. (Campos Electro-Magnéticos) que rematará no 2005, para avaliar os efeitos sanitários e ambientais da exposición a campos eléctricos e magnéticos na gama de 0 a 300 GHz, e que permitirá estabelecer unhas diretrices internacionais sobor dos límites de exposición. Algúns científicos e ONGs critican o retraso e a pasividade da OMS en abordar decididamente este estudo, en marcha dende 1996 e previsto inicialmente para o 2001, debido ás presións do lobby das telecomunicacións. No entanto, as autoridades sanitárias estatais e internacionais teñen formado comités de expertos encarregados de elaboraren paquetes de normas para a protección da cidadania fronte ás radiacións non ionizantes (RNI). O ICNIRP (International Commission on Non-Ionizing Radiation Protection), organización internacional recoñecida pola OMS e a OIT (Organización Internacional do Traballo), publicou en 1998 as suas conclusións e recomendacións sobre as RNI. No 1999, o Consello da Unión Europeia adoptou os critérios e conclusións do ICNIRP, elaborando unha recomendación, a 1999/519/EC, para a protección do público en xeral (excluídos os traballadores/as) diante dos efeitos nocivos dos CEM. O Estado Español asinou a Recomendación en xullo de 1999. En setembro do 2001, o Ministério de Ciéncia e Tecnoloxia aprobou o Real Decreto (RD) 1066/2001, polo que se estabelecen as condicións, restricións e medidas de proteción sanitária fronte ás emisións rádio-eléctricas. Non imos analisar polo miudo o contido destas disposicións legais, mais si dicer que se limitan a trasladar as recomendacións do ICNIRP, un organismo no que, por certo, traballan persoas vinculadas á indústria rádio-eléctrica e cuxas conclusións (orientativas pero non vinculantes) non son asumidas por muitos paises, mesmo da própria U.E.23. Os seus estudos e recomendacións só teñen en conta os efeitos térmicos, e non consideran “ben estabelecida”, e por tanto ignoran, a potencial indución de patoloxias de carácter tumoral e outras afeccións non térmicas. Tampouco teñen en conta os efeitos a longo prazo, só interesan os imediatos (nun periodo de 6 minutos), e consideran tan só as exposicións non ocupacionais. PRINCÍPIO DE PRECAUCIÓN E PRINCÍPIO ALARAMuitos paises interpretan as recomendacións do ICNIRP dun xeito máis restritivo, antepondo os Princípios de Precaución e ALARA (As Low As Reasonable Achievable, ou sexa, tan baixo como sexa razoabelmente posíbel) aos intereses do sector para salvagardar a saude pública. O Princípio de Precaución, definido como princípio fundamental e incluído no apartado 2 do artigo 174 do Tratado da Comunidade Europeia, e que ten carácter vinculante para os Estados membros, estabelece que no caso de dúvida sobre a inocuidade dun proceso deben evitar-se os riscos, mesmo adoptando a opción de risco cero. A sua aplicación debe ser activa, sen agardar á obtención de resultados definitivos, cando existan indícios de risco sobre a saude ou o ambiente, e apesar dos níveis de protección adoptados. Neste caso, os governos teñen o deber de tomar accions preventivas para impedir o dano antes de que se estabeleza a evidéncia científica. O Princípio ALARA, propugnado pola OMS, indica que, no eido dos CEM é preciso tender á optimización da menor exposición posibel ás radiacions electro-magnéticas, evitando a exposición ás radiacions que sexan evitábeis. Asemade, a Declaración do Rio de 1992, asinada por moitos Estados, incluido o español, sinala que cando exista ameaza de dano grave e irreversíbel, a auséncia de evidéncia científica non poderá usar-se como argumento para pospoñer medidas de prevención da degradación ambiental. O DEREITO Á SAUDE E Á INFORMACIÓNSemella probado que cando menos existen indícios científicos sérios de que os CEM artificiais poden afectar ao meio ambiente e á saude humana, como tamén o recoñecen várias sentenzas xudiciais24. Outras resolucións da Xustiza25, seguindo o razoamento contrário, indican que non se ten demostrado que as RNI sexan totalmente inócuas para a saude. Nembargantes, tanto a recomendación da UE 1999/519/EC, como o recente RD 1066/2001, baseados nas normas ICNIRP, pasan por alto os estudos e conclusións de numerosos investigadores, organismos independentes e xurisprudéncia, polo que se refire aos Princípios de Precaución e ALARA. A maiores, o Ditame do 10/03/99 emitido polo Parlamento Europeo, do que a recomendación UE 1999/519/EC é unha versión descafeinada, indica que, dados os efeitos nocivos para a saude que poden resultar da exposición a longo prazo a CEM (Considerando 4), debe-se eliminar calquera risco potencial para a saude humana (Considerando 8), asegurando-se que nas zonas onde vive a povoación ou transcorre unha parte importante do seu tempo se apliquen os níveis máis altos de protección (Recomendación II b). Un outro aspecto que non se ten en conta é o direito da cidadania a ver protexida a sua saude, e a desfrutar dun meio ambiente axeitado para o desenvolvimento da persoa26, alén do direito á intimidade dos que vemos invadidos os nosos fogares polas radiacións dos tendidos eléctricos e da telefonia móbil.
Finalmente, o decreto español vulnera tamén o deber de información ao público en xeral e á cidadania directamente afectada, estabelecido pola Recomendación do Consello da U.E.: “Proporcionar ao ciudadán/á información nun formato axeitado sobre os efeitos dos campos electro-magnéticos e sobre as medidas precisas para lles facer fronte”; e polo próprio ordenamento xurídico do Estado27. Este incumprimento basea-se na utilización de certas fórmulas incomprensíbeis, opacas excepto para expertos en telecomunicacións, de expresións censuradas e mesmo de unidades erróneas28, coma a Taxa de Absorción Específica (SAR). Este valor mede a poténcia de radiación necesária para quentar en 1º C os tecidos sometidos á dita radiación. Tráta-se dun cálculo empírico, non real, feito sobre un modelo esférico cheo de líquido azucrado de densidade similar á do corpo humano denominado “vaca esférica”. {mospagebreak title=Recomendacións ás Administracións}
RECOMENDACIÓNS ÁS ADMINISTRACIÓNSRecomendacións feitas pola confederación ecoloxista estatal “Ecologistas en Acción”
BIBLIOGRAFIA E LIGAZÓNS
Costa Morata, Pedro. Aspectos críticos científico-tecnológicos sobre los campos electromagnéticos. Congreso Internacional de Biolectromagnetismo 1999: “Ciencia, Medicina y Progreso” .Alcalá de Henares, 11/12 de noviembre de 1999. Póde-se atopar en: http://www.grn.es/electropolucio/costamorata.htm GABILOA GUERRA, FRANCISCO. Efectos de los campos electromagnéticos (de 0 Hercios a 300 GigaHercios) sobre los aparatos y la salud humana. http://www.grn.es/electropolucio/gabiola2.htm GÓMEZ PERRETA, CLAUDIO. Efectos biológicos por las microondas producidas por la telefonía móvil especialmente a niveles bajos de exposición. Centro Investigación. Hospital Universitario La Fe. Valencia. http://www.grn.es/electropolucio/lafe3.htm HYLAND, G.J. Telefonia móbil e saude. Memorandum. Departamento de Física da Universidade de Warwick, UK. http://www.grn.es/electropolucio/GJHYLAND.rtf MUNTANÉ CONDEMINAS, MIGUEL. Directrices prácticas para proteger la salud humana de la radiación electromagnética emitida por la telefonía móvil. http://www.grn.es/electropolucio/dirmuntane.htm Páxina de CEM da OMS: http://www.who.int/peh-emf/publications/facts_press/fact_spanish.htm Informe de Ecologistas en Acción. http://www.azogue.org/ecologistas/ Plataforma de Girona. Páxina moi completa, en catalán. http://www.grn.es/electropolucio Asociación de veciños e veciñas de Bellvitge. Ampla información actualizada. http://es.geocities.com/antenabellvitge/
1 Campos Electro-magnéticos e Saude Pública: As F.E.B. Nota descritiva nº 205, novembro de 1998. Organización Mundial da Saude. 2 [Tenforde, 1996]. 3 [Davanipour et al., 1997, Savitz et al., 1998; Johansen et al., 1999]. 4 [Úbeda et al., 2001]. 5 [Liburdy et Löscher, 1997]. 6 [Mevissen et al., 1993; Löscher et al., 1994]. 7 [Ahlbom et al., 2000]. 8 [Feychiting et Ahlbom, Instituto Karolinska,1992]. 9 [ Stevens, 1987; Tynes et al., 1994; 1996; Floderus et al., 1994; Feichting et al., 1998]. 10 [Eric Hachulla et al. 2000]. 11 [Herry Lai, Univesidade de Seattle, 1999: Neuroreport do Centre for Cognitive Neuroscience and Department of Psychologie, Universidade de Turku, Finlandia, marzo de 2000]. 12 [von Klitzing Lebrecht, 1998]. 13 [Frey,1988;J. NUÑEZ, de la ROSA e R. VEEN, Universitat de Valencia,1997]. 14 [Frey, 1988; Szmiglielski et al.,1988]. 15 [Robert O. Becker, Jose Luis Bardasano, E. Sugarmann, Instituto ECOLOG]. 16 [Jocelyn Leal et al., 1995; L. G. Salford et al. Univ. De Lund]. 17 [Neil, 2000]. 18 [Lai H. and Singh N .P.,1996]. 19 [Danniells C. et al.; Byus C.V. et al, 1998] 20 [Szmiglelski et al.; Balcer-Kubiczek E. K., 1991; Stewart et al., 2000] 21 [Hardell L. et al. Int. J Oncology, 1999]. 22 [Repacholi M.H., et al. Radiation Research, 1997] 23 [Ver táboas comparativas 7 e 8.] 24 [Senténcia de Fankfurt, 27/9/2000; Senténcia da Audiéncia Provincial de Valéncia; ou a máis recente das antenas de Valladolid.] 25 [Senténcia do xulgado de Priméira Instáncia nº 6 de Múrcia, 14/4/2000.] 26 [Artigos 43 e 45.1 da Constitución Española.] 27 [Artigo 51.2 da Constitución Española.] 28 [Ver alegacións de GEA ao R.D. 1066/2001, en http://www.gea-es.org/] |