Adega
INICIO Áreas temáticas Pacifismo 24 de maio: Día da Muller Antimilitarista
24 de maio: Día da Muller Antimilitarista PDF Imprimir Correo-e
Envia 24 de maio: Día da Muller Antimilitarista a FaceBookEnvia 24 de maio: Día da Muller Antimilitarista a Twitter

-"Non deveria haver nengunha muller no exército. Saquemos dali aos homes."-  Petra K. Kelly

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, quer sumar-se à celebración do Dia da Muller Antimilitarista.

Acabamos de asistir ao desenvolvimento dunha guerra contra o Iraque co claro apoio do Governo do Estado español, Estado que pasará a actuar como forza ocupante naquel país. As Forzas Armadas españolas teñen sérios problemas à hora de recrutar soldados: son poucos os homes, e aínda menos as mulleres, dispost@s a se alistar, e aspiramos a que acabe por non o fazer ninguén.

As mulleres, ademais de se atopar entre as principais vítimas da guerra, son tristes protagonistas tanto da violéncia directa —maus tratos, violacións…— como da violéncia estrutural —feminización da pobreza, discriminación…

O belicismo e o militarismo, como o industrialismo e a relación de confrontamento dos seres humanos co resto da natureza, son fenómenos directamente relacionados coa masculinidade patriarcal, algo que devemos superar se queremos construír un mundo no que poder conviver realmente en paz.

Fazemos noso o berro de Nen guerra que nos mate, nen paz que nos oprima! e chamamos ao achegamento e colaboración entre os diferentes movimentos sociais na procura dunha saída emancipatória à crise ecolóxica global, labor para o que as mulleres son imprescindíveis e ao que o feminismo ten muito que aportar.

*Vocal de Pacifismo e Globalización de ADEGA

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA