Adega
INICIO Áreas temáticas Montes Certificación Forestal críbel? Non sempre
Certificación Forestal críbel? Non sempre PDF Imprimir Correo-e
Envia Certificación Forestal críbel? Non sempre a FaceBookEnvia Certificación Forestal críbel? Non sempre a Twitter

As ONGs españolas de cooperación ao desenvolvimento, comercio xusto, ecoloxistas e sindicatos apoian o sistema de certificación forestal FSC e expresan a súa posición perante a certificación PEFC (Pan European Forest Certification)

pefc.gifA certificación forestal é un instrumento ao servizo da sociedade que debe garantir ao consumidor que os productos forestais que adquire no mercado proceden de bosques ben xestionados e que a sua adquisición promove un aumento dos beneficios sociais asociados á xestión e aproveitamento de productos forestais.

Sen embargo, a existencia de selos que usan o eslogan “xestión sustentábel” fai que as ONGs se sintan preocupadas diante do avanzo de sistemas de certificación rexionais que, dominados polo sector económico forestal, non supoñen unha mellora na xestión das nosas masas forestais nen un desenvolvimento equilibrado entre intereses económicos, sociais e ambientais.

Para as ONGs, hai dous factores básicos que fan que a certificación funcione:

  • a confianza dos consumidores en que a etiqueta que están a mercar garante verdadeiramente que os productos forestais proceden de bosques ben xestionados, e

  • a confianza da industria en que os requerimentos que hai que reunir para conseguir a etiqueta de certificación son similares baixo distintos programas de certificación, para evitar a confusión no mercado.

Durante anos, moitas ONGs e organizacións sociais de todo o mundo impulsaron a certificación da boa xestión forestal como un instrumento eficiente que promove:

  • unha boa xestión forestal que respeite de forma equilibrada os valores sociais, as condicións dos traballadores, a conservación da natureza e o beneficio económico,

  • a preservación da diversidade biolóxica nos bosques xestionados, especialmente naqueles con un elevado valor de conservación,

  • a transparencia da xestión forestal e do comercio de madeira

  • o beneficio das comunidades locais, traballadores forestais e pobos indíxenas

  • a resolución dos conflictos sociais sobre a propiedade e utilización dos recursos forestais

As organizacións asinantes consideran que:

O sistema de certificación forestal do FSC (Consello de Administración Forestal ou Forest Stewardship Council) segue sendo na actualidade o único que se pode aplicar globalmente de forma responsábel, e que portanto, garante o acceso en condicións de igualdade dos productos de madeira de todos os continentes aos mercados mundiais de madeira. O FSC baséase na certificación do cumprimento duns niveis mínimos na xestión forestal. Proporciona unha verificación independente e críbel da boa xestión dos bosques, e na actualidade oferece o único programa de certificación que garante unha xestión forestal comprometida coa natureza, beneficiosa para a sociedade e viábel.

Ademais, oferece un seguimento críbel dos productos desde a unidade de xestión forestal até o consumidor, gracias á sua rigorosa verificación independente da totalidade da Cadea de Custodia. Ao achegar a productores e consumidores, o FSC garante unha participación equitativa dos intereses sociais, ecolóxicos e económicos, e na actualidade conta co apoio das principais ONGs ambientais, sindicatos, grupos sociais, pobos indíxenas, proprietarios de bosques privados, comunais e estatais, industrias madeireiras, científicos e numerosos cidadáns de máis de 60 países de todo o mundo. O FSC é unha organización sen ánimo de lucro e aberta a todos os grupos de interese no ámbito global, rexional, nacional e local.Todo o proceso de tomada de decisións do FSC baséase no equilibrio dos intereses ambientais, sociais e económicos.

Ademais achan que:

  • Os estatutos, principios e criterios do FSC reflicten claramente e na súa integridade as intencións e acordos internacionais do Cumio do Rio de Janeiro de 1992,

  • os estatutos, principios e criterios do FSC configuran a base sobre a que se debe desenvolver calquera iniciativa de certificación ou estabelecemento de estandares no ámbito global,

  • os estándares do FSC constitúen os requerimentos mínimos para calquera xestión de bosques de calquera parte do mundo,

  • os procedimentos e requerimentos de certificación do FSC constitúen os requerimentos mínimos para calquera certificación críbel de xestión de bosques,

  • os procedimentos e requerimentos de certificación do FSC constitúen os requerimentos mínimos para calquera certificación críbel da cadea de custodia, e

  • os estatutos, os principios e criterios, e o sistema de acreditación do FSC constitúen os requerimentos mínimos e un marco adecuado para os acordos globais que recoñezan a equivalencia entre sistemas de certificación.

Con relación á aplicación en España do sistema de certificación forestal PEFC (Pan-European Forest Certification), xa operativo en varios paises europeos como Finlandia, Suecia, Noruega, Suíza, Alemaña, Latvia e Austria, as organizacións asinantes afirman que:

  • A certificación PEFC non demostrou que garanta unha mellora significativa da xestión forestal en Europa.

  • A PEFC non demostrou que garanta os dereitos dos pobos indíxenas, como os pastores de renos en Finlandia.

  • A PEFC non respeita as recomendacións do Cumio do Rio 92, expresadas na Axenda 21, de propiciar a participación equitativa e a tomada de decisións equilibrada de todos os grupos de interese. Tampouco non o fixo en España.

  • A PEFC non asegura a compatibilidade internacional do sistema e crea problemas para un recoñecimento global, alén de crear confusión social, como está a ocorrer en Suecia, onde o PEFC está a difundir falsos rumores dun próximo recoñecimento mutuo co sistema FSC neste país.

  • A PEFC non prevé a certificación de madeira de masas forestais non europeas e en especial de madeira tropical. Xa que logo, este sistema non garante un comercio xusto entre os países do Norte e do Sul e non facilita a entrada no mercado europeo de madeiras procedentes de bosques tropicais ben xestionados.

En España, os estándares que se desenvolven no marco do PEFC non recollen con suficiente rigor os criterios e requerimentos para unha adecuada xestión forestal.

Por todo o anterior, as organizacións asinantes sinalan que na actualidade o sistema PEFC non proporciona un sistema de certificación aceptábel de boa xestión forestal.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA