Adega
INICIO Novas Obradoiro de cestería na Eira da Xoana
Obradoiro de cestería na Eira da Xoana PDF Imprimir Correo-e
Envia Obradoiro de cestería na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Obradoiro de cestería na Eira da Xoana a Twitter
cesteiros2.gifEste sábado 6 de marzo, voltaremos a Eira da Xoana para realizar un obradoiro de cestería. Neste segundo curso faremos un percorrido virtual pola xeografía galega descubrindo diferentes técnicas para a elaboración de cestos e demáis obxetos artesanais fabricados con todo tipo de materiais, dende castiñeiros, salgueiros, vimbieiros até silveiras. Poñerémonos mans a obra preparando estes materiais para logo posteriormente deseñar e elaborar o noso propio cesto. Descarrega o cartaz cesteria.pdf Curso CESTERÍA (2.7 MB)

PROGRAMA. Sábado 27 de febreiro

10.30 A cesterÍa en Galiza (tipos, materiais, usos, etc)
11.00 Vexetación e cesterÍa
11.30 Elaboración de cestos
14.30 Xantar
16.30 Continuación
18.30 Remate e despedida

Esta actividade pretende recuperar e poñer en valor un saber tradicional que actualmente está en desuso, a cestería en Galiza. Antano moitas das familias galegas tiñan algún artesán na sua casa, que ou ben adicábase a comercializar estes produtos ou simplemente eran para uso doméstico. Pero de feito é que saía rendíbel ser cesteiro/a xa que era moi demandado e todos os materiais eran recolectados nos nosos montes sin custo algún, facendo ademais un labor de conservación e mantemento da masa forestal.

Se queres participar chama ou envía un correo:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Tlf: 981 570 099 ou 680 503 435

Prazas limitadas a 15 persoas (socias/os de balde, non socias/os 3€)

Achégate á Eira da Xoana e mergúllate no mundo da artesanía/cestería !

 


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA