Adega
INICIO Novas Mobilizacions antitaurinas en Pontevedra
Mobilizacions antitaurinas en Pontevedra PDF Imprimir Correo-e
Envia Mobilizacions antitaurinas en Pontevedra a FaceBookEnvia Mobilizacions antitaurinas en Pontevedra a Twitter
1 de agosto de 2009. A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra (www.pontevedraantitouradas.org), convoca unha MANIFESTACIÓN CONTRA AS TOURADAS que terá lugar o día 1 de agosto (data de inicio da Feria Taurina) ás 19h. con partida e fin na praza da Peregrina, e percurso polas rúas da cidade. Tamén terán lugar unha serie de actividades encamiñadas a denunciar o maltrato animal durante esta.
CALENDARIO DE ACTOS:
-Venres 31 de xullo ás 20h: Charla-Coloquio Antitouradas na praza da Pedreira. Con Rubén Pérez Sueiras (Galicia Mellor sen Touradas)
-Sábado 1 de agosto de 2009 ás 19h con inicio e fin na Peregrina (Ponte Vedra). MANIFESTACIÓN CONTRA AS TOURADAS POLA RÚAS DA CIDADE -
-Mércores 5 de agosto ás 20h entre a praza de San Xosé e Peregrina: ENCERRO-ANTITAURINO (performance colectiva)

- Denunciamos o trato cruel e inhumano que os touros receben no transcurso desta mal chamada festa, na cal o touro é desgarrado, mutilado e torturado até morrer, así como o maltrato animal en xeral.
- Consideramos obscena a utilización de fondos públicos para a financiación das touradas (42 euros em impostos por habitante, segundo Libera), a pesarde que as enquisas (Gallup 07) amosan que un 86% da poboación galega se declara indiferente perante este atavismo.
- Advertimos das touradas como coartada para a construción da identidade española en Galiza. Constitúe un ritual en torno ao cal conflúen os sectores mais reaccionarios da sociedade.
- Finalmente, as touradas teñen unha forte compoñente machista, ao exaltar a figura masculina nunha loita contra un animal “mitificado” da que sempre sae vitorioso.
En consecuencia, revindicamos:
1) Cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal colaborador público.
2) Instar á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.
3) Declaración por parte do Concello de Pontevedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.
4) Supresión das touradas como reclamo turístico por parte das Institucións públicas, así como dos programas de festas.
5) Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas. 6) Reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.
CONTACTO: tlf. 645 644 635
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.pontevedraantitouradas.org
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA