Adega
INICIO Novas Crónica do I curso de iniciación á cestería tradicional
Crónica do I curso de iniciación á cestería tradicional PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica do I curso de iniciación á cestería tradicional a FaceBookEnvia Crónica do I curso de iniciación á cestería tradicional a Twitter
cesteando_20.jpgSábado 6 de marzo de 2010, Eira da Xoana (Ramil). Por fin este pasado sábado o tempo acompañounos na Eira da Xoana e puidemos realizar a primeira aproximación á cestería. Foi entón posible deixar a tarde do venres seis mollos de bimbios no río, para que colleran a sazón coa auga e estiveran máis flexíbeis. Poidemos logo preparar unha exposición de ferramentas de cestería e unha boa colección de cestos e elementos elaborados coas mesmas técnicas de tecido. Xerras, sombreiros, coroza, cestos ornamentais, cesto culeiro, cesta da asa, etc. Os obxectos tiñan a súa orixe tanto en diversos lugares do noso país como en outros puntos do mundo.

recollendo_o_material_50_1.jpg

A primeira parte da mañá adicámola a unha charla-presentación sobre o presente da cestería na Galiza, os tipos de cestos, os vexetais empregados como materias primas, as técnicas máis común adicandollen un apartado especial aos os cabaceiros. Os cabaceiros son unhas construcción ata hai ben pouco abundantes na Ulloa que se destinaban a gardar o millo. Ás veces como un apoio ou complemento ao propio hórreo. Elaborados con varas de carballo, salgueiro e cuberta de palla constitúen uns singulares elementos do patrimonio cultural do rural galego.
cesto_de_bimbios_20.jpgDespois da presentación na sala da Eira da Xoana saimos fora equipadas con tesoiras, podóns e machadas para recoller varas de castiñeiro, bídalo, salgueiro… nos montes próximos á casa, limpando de paso algo da contorna. De volta prendemos un lume na eira para deixar o material a inqueirar; quentalo para poder fendelo. Mentras o lume facía o seu traballo aproveitamos para comer as viandas que cada quen trouxo. Tras o postre, o café e a conversa puxémonos de novo mans á obra fendendo o castiñeiro e o carballo recollido para facer latizas. Mostrouse o xeito de proceder, quitar oito latizas e dúas flores de cada bara, para elaborar un cesto de técnica mixta, que mestura latizas con bimbio. No burro continuouse traballando as latizas, labrandoas para que quedaran finas e lixadas.
A seguir comezamos a elaborar un cesto de bimbio. Seleccionamos o material e empezamos a elaborar o cú do cesto. Por desgracia non houbo tempo suficiente para remátalo. Quedará para unha segunda parte do curso de cestería, un curso de continuación… e pode que de perfeccionamento.
Unha vez que o sol ía escondéndose foi o momento das despedidas e de recoller os cestos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA