Deseño e xestión de proxectos de conservación a nivel local
Os días 2, 3, 4 e 5 de xullo ADEGA organiza un curso de verán sobre o deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local en colaboración coa universidade de A Coruña (UDC)
Os obxectivos deste curso son:
- Divulgar os principais problemas ambientais globais e locais, nomeadamente os relativos á conservación da diversidade natural.
- Fomentar programas e proxectos que dende o ámbito local poidan contribuír a conservación da biodiversidade.
- Divulgar diferentes ferramentas de xestión así como experiencias de conservación desde os municipios
O curso está dirixido a todo o público interesado na problemática ambiental con aplicación no nivel local, en particular aos membros das organizacións ambientalistas non gubernamentais e aos profesionais e cargos públicos da administración local.
Ao alumnado da UDC en xeral, e en particular ao de ciencias, ciencias da comunicación, ciencias da saúde, economía e empresa, socioloxía, turismo, dereito.
O medio ambiente e sobre todo a xestión de espazos naturais e a súa conservación ten implicacións en diferentes eidos, como a investigación, a comunicación, a información, a bioconstrución, a creación de emprego verde…
Este curso ten unha parte teórica e unha parte práctica onde teremos a oportunidade de coñecer diversas experiencias de conservación como son os propias proxectos no campus da UDC, e dedicaremos unha xornada a coñecer diferentes proxectos de custodia marítica como é o caso de mardelira e de custodia terrestre como é o caso da coop. agroecolóxica Rainha Lupa (Quilmas) tamén teremos a oportunidade de coñecer o movemento social Asoc Monte Pindo Parque Natural que traballa para conseguir unha figura de protección a este espazo.
Consulta aquí o programa e baixa o cartaz
Máis información e matrícula: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso8/curso8.htm
María R. lafuente, 628 37 88 04
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|