Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Curso de verán na UDC: Deseño de proxectos de conservación a nível local
Martes, 2. Xullo 2013, 10:00

Deseño e xestión de proxectos de conservación a nivel local

Os días 2, 3, 4 e 5 de xullo ADEGA organiza un curso de verán sobre o deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local en colaboración coa universidade de A Coruña (UDC)

Os obxectivos deste curso son:

- Divulgar os principais problemas ambientais globais e locais, nomeadamente os relativos á conservación da diversidade natural.

- Fomentar programas e proxectos que dende o ámbito local poidan contribuír a conservación da biodiversidade.

- Divulgar diferentes ferramentas de xestión así como experiencias de conservación desde os municipios

O curso está dirixido a todo o público interesado na problemática ambiental con aplicación no nivel local, en particular aos membros das organizacións ambientalistas non gubernamentais e aos profesionais e cargos públicos da administración local.

Ao alumnado da UDC en xeral, e en particular ao de ciencias, ciencias da comunicación, ciencias da saúde, economía e empresa, socioloxía, turismo, dereito.

O medio ambiente e sobre todo a xestión de espazos naturais e a súa conservación ten implicacións en diferentes eidos, como a investigación, a comunicación, a información, a bioconstrución, a creación de emprego verde…

Este curso ten unha parte teórica e unha parte práctica onde teremos a oportunidade de coñecer diversas experiencias de conservación como son os propias proxectos no campus da UDC, e dedicaremos unha xornada a coñecer diferentes proxectos de custodia marítica como é o caso de mardelira e de custodia terrestre como é o caso da coop. agroecolóxica Rainha Lupa (Quilmas) tamén teremos a oportunidade de coñecer o movemento social Asoc Monte Pindo Parque Natural que traballa para conseguir unha figura de protección a este espazo.

Consulta aquí o programa e baixa o cartaz

Máis información e matrícula: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso8/curso8.htm

María R. lafuente, 628 37 88 04 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Localización : http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso8/curso8.htm

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA