Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Obradoiro de caixas-niño para morcegos na UDC
Mércores, 15. Maio 2013, 16:30

Obradoiro de caixas niño para morcegos na UDC

     O mércores 15 de maio terá lugar na Escola Técnica Superior  de Aquitectura da Universidade da Coruña o Obradoiro de Caixas Niño para Morcegos organizado pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA.   A xornada comezará ás 16:30 da tarde cunha pequena charla informativa a cargo de Roberto Hermida da Asociación DROSERA e á continuación terá lugar o obradoiro no Taller de Maquetas da ETS de Arquitectura. Unha vez feitas as caixas procederemos a penduralas nas árbores do campus. Posteriormente encargarémonos do seu seguemento.
 
A ”Asociación Drosera para o Estudo e Conservación do Medio Natural” naceu coa teima de traballar desde unha perspectiva integradora na conservación do medio natural galego. O enorme descoñecemento dos morcegos existente aínda hoxe en Galiza, a súa importancia na dinámica dos ecosistemas e a vulnerabilidade das súas poboacións, levounos a amosar unha especial debilidade por este grupo faunístico. Froito deste interese xurdiu “Morcegos de Galicia”, o programa que aglutina todas as iniciativas de investigación, conservación, divulgación e sensibilización que realizan desde Drosera.
 
Até o momento constatouse en Galiza presenza de 23 especies diferentes de morcegos. Para eles o refuxio é fundamental. Nel non só descansan durante o día, senón que teñen lugar os partos, a lactancia, o coidado das crías ou a hibernación. Un xeito cotiá de construír refuxios para morcegos é mediante caixas-refuxio feitas con táboas de madeira e ferramentas habituais que teñamos na casa, para que resistan ben a intemperie e teñan unha boa inercia térmica e regulen a humidade interior.

Prazas limitadas a 20 persoas. Inscricións en:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Localización : http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA