Programa SACRE: Recoñecemento das aves polo seu canto |
|
|
Sábado, 11. Maio 2013, 09:00
|
|
Curso "O Programa SACRE: iniciación ao recoñecemento das aves polo seu canto", a celebrar en Vilagarcía de Arousa o vindeiro 11 de maio.
Contidos:
Este curso pretende axudar no recoñecemento das aves polos seus cantos e reclamos, proporcionando consellos, trucos e recomendacións para poder identificar no campo os diferentes grupos de aves mediante o oído.
Ademais, falaremos sobre o desenvolvemento dos programas Sacre e Sacin no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e visitaremos a illa de Cortegada para facer unha sesión práctica de recoñecemento de aves polos cantos.
Programa:
09:00 O programa de seguimento de biodiversidade na Rede de Parques Nacionais. Vicente Piorno (Técnico do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia).
09:30 Os programas Sacre e Sacin no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Alexandre Justo (SGO).
09:45 Introdución ao recoñecemento das aves polos seus cantos. Alexandre Justo (SGO).
10:30 Traslado á illa de Cortegada.
11:00 Sesión práctica na Illa de Cortegada. Alexandre Justo (SGO).
Inscrición:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Este cursiño é gratuíto e está aberto a todas as persoas interesadas nas aves aínda que especialmente dirixidas aos colaboradores do programa SACRE.
Límite de prazas: 15 persoas
Data: 11 de maio de 2013
Lugar de realización: Auditorio do concello de Vilagarcía de Arousa (sala de prensa). Praza Ravella 1, C. P. 36600. Vilagarcía de Arousa, Pontevedra |
Volver
|