Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Programa SACRE: Recoñecemento das aves polo seu canto
Sábado, 11. Maio 2013, 09:00
Curso "O Programa SACRE: iniciación ao recoñecemento das aves polo seu canto", a celebrar en Vilagarcía de Arousa o vindeiro 11 de maio.

Contidos:
Este curso pretende axudar no recoñecemento das aves polos seus cantos e reclamos, proporcionando consellos, trucos e recomendacións para poder identificar no campo os diferentes grupos de aves mediante o oído.
 
Ademais, falaremos sobre o desenvolvemento dos programas Sacre e Sacin no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e visitaremos a illa de Cortegada para facer unha sesión práctica de recoñecemento de aves polos cantos.
 
Programa:
09:00 O programa de seguimento de biodiversidade na Rede de Parques Nacionais. Vicente Piorno (Técnico do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia).
 
09:30  Os programas Sacre e Sacin no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Alexandre Justo (SGO).
                    
09:45 Introdución ao recoñecemento das aves polos seus cantos. Alexandre Justo (SGO).
 
10:30 Traslado á illa de Cortegada.
                    
11:00  Sesión práctica na Illa de Cortegada. Alexandre Justo (SGO).
 
Inscrición: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Este cursiño é gratuíto e está aberto a todas as persoas interesadas nas aves aínda que especialmente dirixidas aos colaboradores do programa SACRE.
 
Límite de prazas: 15 persoas
 
Data: 11 de maio de 2013

Lugar de realización:
Auditorio do concello de Vilagarcía de Arousa (sala de prensa). Praza Ravella 1,  C. P. 36600. Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA