Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Obradoiro de reutilización e reciclaxe de papel na UDC
Mércores, 8. Maio 2013, 11:30
REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE PAPEL
 
O próximo mércores 8 de maio terá lugar a próxima actividade da Primavera Ambiental da UDC, que tratará da reutilización e reciclaxe do papel.
 
Data e hora: mércores 8 de maio, 11:30 h
 
Lugar: Facultade de Socioloxía, Seminario Fernández de Rota (3º planta).
 
Esta actividade ten como obxectivo divulgar ante a comunidade universitaria a importancia da reciclaxe do papel e do consumo responsable do mesmo.
 
Comezaremos cunha breve explicación da campaña de aforro e reutilización de papel que está levando a cabo a Oficina de Medio Ambiente en diversos centros da UDC. Realizaremos dous tipos de actividades: por unha banda elaboraremos papel reciclado a partir de papel usado; e pola outra faremos os cadernos re-utiliza, é dicir, cadernos feitos con folios escritos só por unha cara, procedentes tanto das caixas re-utiliza que están instaladas nos centros como doados por diferentes departamentos da UDC, e encadernados con espirais, tamén reutilizadas.
 
As prazas son limitadas, polo que se estás interesado en participar neste obradoiro podes reservar a túa praza no correo electrónico da Oficina de Medio Ambiente, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
 
Localización : http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA