Manifestación contra a mina de Corcoesto en Carballo |
|
|
Domingo, 14. Abril 2013, 12:00
|
|
O domingo 14 de abril, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, da que fai parte ADEGA, convoca unha manifestación contra a mina de Corcoesto en Carballo. Será ás 12h dende o "Haley". Criouse un evento no Ligazón ao evento, para difundila. Por favor, difundide, compartide e convencede. Temos que ser unha morea de xente! Hai que parar este proxecto que podería supoñer un grave precedente. Non é só un problema de Corcoesto. Non é só un problema de Bergantiños. Corcoesto é o inicio dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui. Falemos agora, para que calen para sempre! Agardámoste o domingo ás 12:00 en Carballo, no aparcamento do Haley, para dicirlle á Xunta con voz alta e forte que Bergantiños, que Galiza, non quere esta mina destrutiva no seu territorio. |
Localización : https://www.facebook.com/events/422519867843972/ |
Volver
|