Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Xornada de construción dunha charca
Sábado, 13. Abril 2013, 11:00

cartazcharc.jpgO novo proxecto de ADEGA: Charcas con Vida convoca a primeira xornada de voluntariado que se celebrará o día 13 de abril. O lugar escollido para esta iniciativa será a Eira da Xoana (Agolada, Pontevedra), onde ADEGA posúe un equipamento de educación ambiental que ten como un dos seus fins achegar á cidadanía galega o medio rural. Durante a xornada crearase unha Charca didáctica para o que se convoca unha xornada de voluntariado ambiental. Podes descargar o Cartaz nesta ligazón Cartaz Charcas.pdf

As charcas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Por iso a creación dun pequeno humidal favorece a biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións. Dende o proxecto Charcas con Vida queremos achegar á cidadanía a estes lugares e dar ferramentas válidas para a súa conservación. Qué mellor maneira de facelo que construíndo unha charca e aprender facendo!!!

O voluntariado contará con seguro de accidentes, desprazamento dende Compostela, e comida.

Se queres participar contacta co local nacional de ADEGA 981 57 00 99, no móbil 649 611 508, ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O proxecto Charcas con Vida conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigaçao em biodiversidade e recursos genéticos, Portugal).

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA