Xornadas de protección animal e medio ambiente |
|
|
Venres, 8. Marzo 2013, 12:00
|
|
XORNADAS DE PROTECCIÓN ANIMAL E MEDIO AMBIENTE
A.E.N.D.A. co-organiza coa facultade de Veterinaria unhas xornadas formativas gratuítas sobre protección animal e ambiente. Serán a segunda fin de semana de marzo (días 8, 9 e 10) e terán lugar no auditorio da propia facultade. Preténdese integrar os aspectos máis representativos sobre os temas dos tres grupos de traballo da asociación: Protección Animal, Medio Ambiente e Fauna Silvestre. Está CONCEDIDO un Crédito de Libre Configuración para todo aquel estudante de licenciatura da USC que o desexe. Para a obtención do crédito será precisa a asistencia e a realización dun pequeno comentario crítico que se poderá entregar o longo da semana. Poderedes consultar o programa en http://aendalugo.blogspot.com.es/
|
Localización : http://aendalugo.blogspot.com.es/2013/02/xornadas-de-proteccion-animal-e-medio.html |
Volver
|