Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Xornadas sobre terapias alternativas en gandería
Desde Venres, 15. Marzo 2013 -  09:30
Até Sábado, 16. Marzo 2013 - 17:00

1 crédito de libre configuración para estudantado da USC

Estas xornadas teñen como obxectivo dar a coñecer as terapias alternativas—entre as que se inclúen a homeopatía, fitoterapia, quiropráctica ou etnoveterinaria—no control sanitario animal, tratando de asentar a súa lexitimidade no sector gandeiro e na praxe veterinaria en xeral.

A aplicación de terapias alternativas ten especial interese nos sistemas de produción ecolóxicos. As limitacións que impón a lexislación europea sobre a produción gandeira ecolóxica, coa obriga de alimentar aos animais con produtos procedentes da propia explotación e a limitación de concentrados en racións, así como as restricións no uso de tratamentos veterinarios alopáticos, fai necesario dispor de ferramentas adicionais para mellorar a nutrición e o estado de saúde animal e así poder garantir o benestar animal e un nivel aceptable de produción.

Ademais, debemos considerar que o emprego das terapias alternativas non se limita á produción ecolóxica, senón que se pode aplicar eficazmente en contextos de produción convencional e incluso intensiva, sendo especialmente relevantes nos casos que substitúen a fármacos alopáticos con períodos de supresión

Prazo de matrícula: Do 11 de febreiro ao 11 de marzo de 2013, ambos os dous incluídos. A matrícula inclúe o acceso ao material do curso.

Destinatarios/as: Estudantes da USC; persoal veterinario; enxeñerías agrícolas e agronomía; gandeiros e gandeiras, e en xeral persoal  profesional relacionado coa produción gandeira.

Prezo: 40 euros. Matrícula reducida (30 euros) antes do 1 de marzo.

Descarga o PROGRAMA!

Localización : http://www.usc.es/gl/congresos/tagando

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA