Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Curso de Etoloxía no GEAS
Venres, 1. Marzo 2013, 10:00

Podedes atopar máis información sobre o curso ou consultar calquera dúbida no noso Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 616 686 622 (preguntade por Ana). Noutra entrada do noso Blog tedes a información do curso e tamén podes pinchar aquí para descargar o programa.
 
Cando e onde?
 
O curso celebrarase os días 1, 2 e 3 de marzo de 2013 na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compsotela.
Temos concedido 1 crédito de libre elección para as licenciaturas de Bioloxía e Veterinaria da USC. Solicitamos tamén 1 crédito de libre elección para a licenciatura de Bioloxía da UDC e 1 crédito de libre elección para a licenciatura e o grao de Bioloxía, E. Forestal e C.C. do Mar da UVIGO.
Canto custa?
Para Socios de G.E.A.S., Biólogos Colexiados e Socios da SEE o prezo é de 40 €. Para o resto de estudantes e demais participantes o custe é de 45 €.
Deberase adxuntar copia do xustificante do pago de cuota de socios ou fotocopia do carnet de colexiado. No caso dos socios da SEE, soamente os socios actuais ou os socios novos que abonen o importe da inscripción e un ano anticipado poderán benficiarse do desconto.
 
Como matricularse?
Tedes de prazo ata o 28 de febreiro. O folleto de matrícula e o xustificante de pago poderán ser remitidos ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou ao Fax: 881 031 327.
A matrícula será aceptada ao entregar o boletín de inscripción xunto co xustificante de ingreso na conta CAIXA GALICIA nº 2091-0348-11-3000069486. Indicar como razón: Curso Etoloxía.
Contacto : http://geasblog.blogspot.com.es/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA