Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Embarque para a monitorización de cetáceos
Venres, 5. Outubro 2012, 10:00

O vindeiro venres 5 de outubro (saída ás 10h) os compañeiros/as da CEMMA farán un embarque específico saíndo dende o porto Náutico de Vigo, para seguir coa monitorización das poboacións costeiras de cetáceos do 2012, complementario ao traballo que se fai todo o ano dende a Rede de Monitorización Costeira.

Como sempre o embarque realizarase se as condicións climatolóxicas o permitan.

As condicións seguen sendo as mesmas que noutros anos:

- @s soci@s de CEMMA poden vir de forma gratuita.
- As demais persoas interesadas deberán pagar 35€, o que lles cubrirá o pago da cuota anual do 2012, polo que poderán participar no resto de saídas de todo o ano e nas outras actividades de CEMMA.

-Normas para o uso de cámaras a bordo:
Admítese o uso de cámaras fotográficas ou de video a bordo durante os embarques da CEMMA co compromiso de poder deixar a disposición do Banco de Imaxes da CEMMA unha copia das imaxes realizadas de cetáceos, e outras especies mariñas, xa que resulta un material esencial para os traballos de indentificación, comportamento, confirmación do nº de individuos presentes no avistamento ou mesmo de documentación gráfica para traballos de divulgación. Os documentos gráficos cedidos ao Banco de Imaxes da CEMMA estarán suxeitos á normativa de uso xeral gráfico establecido na CEMMA e baseada nos seguintes criterios:

- O rexistro dos materiais gráficos figurará asociado no banco de imaxes á información do embarque no que foi recollido.
- Os materiais gráficos manterán sempre a autoría e propiedade do donante.
- Calquera uso público dun elemento gráfico será notificado e solicitada autorización aos autores.
- Caso de ser usados, coas autorizacións e acordos pertinentes, irán referenciados como Foto CEMMA, en xeral, e co nome dos autores se así o desexan.

Importante: traede prismáticos e ganas de traballar.

O número de plazas é limitado. Para reservar plaza, mandade un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo mantendo o nome do asunto.
E por favor, decide se podedes chegar en carro ou se non podedes e de onde sodes xa que teriamos que organizarnos dalgunha forma, e manter o asunto para poder identificar os e-mails recibidos dos embarques.

Localización : http://www.cemma.org/principal.htm
Contacto : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA