Roteiro pola Serra do Galiñeiro |
|
|
Domingo, 17. Xuño 2012, 11:00
|
|
ROTEIRO POLA SERRA DO GALIÑEIRO (ÁREA DE VIGO)
Remataremos a campaña de roteiros 2011-2012 percorrendo a Serra do Galiñeiro. Trátase dun lugar cheo de lendas e tamén cun rico patrimonio noutros aspectos: arqueolóxico, xeolóxico, biolóxico, etc. Estes valores abondarían para que a Serra fora incorporada ao Parque Natural do Monte Aloia. Pola contra, son moitas as agresións que poñen en perigo a súa riqueza: canteiras, vertedoiros, pistas, proxecto de instalación dun parque eólico, etc. Subiremos á Serra desde o lugar de Vincios (Gondomar) e realizaremos un percorrido circular de 10 km e de dificultade media.
COLABORA: Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro http://serragalinheiro.wordpress.com/; www.facebook.com/Serra.do.Galinheiro
DOMINGO, 17 de XUÑO de 2012 Xeral.................................................................................. 15 € Estudantes, xubilad@s e no paro…………...................................12 € Soci@s............................................................................... 10 € Até 17 anos.......................................................................... 5 €
SAÍDAS:
LUGO: desde a Facultade de Formación do Profesorado ás 8.00 h. COMPOSTELA: desde o Pazo de Congresos ás 9:30 h. VINCIOS: desde a saída da autopista AG-57 ás 11:00 h.
Imprescindíbel anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299. Máis info: www.adega.gal e roteirosadegalugo.blogaliza.org Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s |
Volver
|