Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
VIII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos en Allariz
Sábado, 16. Xuño 2012, 10:15 - 17:00

VIII Encontro de Voluntariado de Proxecto Ríos que se celebrará o día 16 de Xuño en Allariz, no Centro de Educación Ambiental O Rexo.

Alén das presentacións dos grupos de voluntariado, este ano contamos coa presentación do programa de Voluntariado en Ríos do MAGRAMA por parte de Esther de Castro da Confederación Hidrográfica Miño Sil. A charla marco deste ano será sobre as aves dos ríos galegos a cargo de José Manuel Martínez Mariño da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).

Os encontros de voluntariado son o espazo para que os grupos que están a participar presenten as súas experiencias, tanto relacionadas coas inspeccións como noutros temas que teñan que ver cos ríos. Trátase en definitiva dunha xornada na que os protagonistas son os/as voluntarios/as do Proxecto Ríos. Tamén aproveitamos para coñecer as oportunidades que nos ofrecen os nosos ecosistemas fluviais, como o recoñecemento de aves. Teremos tempo de conversar e coñecer iniciativas, e como sempre tamén haberá espazo para facer un roteiro pola contorna. 

Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.
 
PROGRAMA :
 
10.15 Benvida ao voluntariado
          Bernardo Varela, Concelleiro de M.A. de Allariz
10.30 Presentación de experiencias
12.45 Programa Voluntariado en Ríos
          Esther de Castro. CH Miño-Sil
13.15 As Aves dos nosos ríos
          José Manuel Martínez Mariño, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO)
14.15 Sesión de clausura
         Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia
         Francisco Marín, presidente de CH Miño-Sil
         Virginia Rodríguez, coordenadora do Proxecto Ríos
14.30 Xantar popular amenizado con música
16.30 Roteiro guiado á beira do río Arnoia e visita ao Festival Internacional de    Xardíns de Allariz

Podes descargar o cartaz en pdf

Se queres participar neste encontro ponte en contacto con nós.
email: Ramsés Pérez Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
tlf: 981 57 00 99

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA