Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea
Venres, 25. Maio 2012, 10:00

Estamos preparandeliminar_mimosa_20.jpgo os próximos campos de voluntariado ambiental no río Tea. Serán o 23, 24 e 25 de marzo e o 25, 26 e 27 de maio, e darán continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias.

Podes botarlle unha ollada á crónica do pasado campo de voluntariado.

Desta vez realizaremos un seguemento das labores feitas anteriormente, comprobando os resultados, e tamén traballaremos como é costume na eliminación de flora exótica e invasora. Para a realización destas xornadas o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, ferramenta, guías de campo, etc.) así como un seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos.

O aloxamento como doutras veces será no albergue Alentea, que se encontra ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).

O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas. Se queres participar cubre a preinscrición e envíaa á coordinación do Proxecto Ríos:

Ficha Inscricion_VII_campo.doc

mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Telf/fax: 981 570099; Móbil: 619 672038 / 616 238050

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA