Roteiro de ADEGA-Lugo polos Ancares |
|
|
Domingo, 29. Xaneiro 2012, 09:00
|
|
ROTEIRO POLOS ANCARES: DOIRAS-CERVANTES Lenda da cerva branca de Cervantes
Iniciarase o roteiro cunha visita ao Castelo de Doiras, elemento máis representativo do Concello de Cervantes. Este singular lugar serviu de morada a Aldara, personaxe feminino da lenda da cerva branca dos Ancares. Camiñando pola beira do río Cancelada chegaremos a Cereixido. Nesta laldea poderemos comprobar o deplorable estado da súa igrexa, un expoñente do despoboamento da Comarca. O seguinte lugar a visitar será Deva, no que aínda se conservan destacados elementos patrimoniais: pallozas e hórreos que precisarían unha fonda restauración. Remataremos o roteiro dirixíndonos cara aos montes de Brego.
15 quilómetros de dificultade media
DOMINGO, 29 de XANEIRO de 2012
Xeral.......................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro…………...........................................12 € Soci@s........................................................................................ 10 € Ata 17 anos................................................................................... 5 € O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 9.00 h. Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299. Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s
PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO 26 Febreiro: Cabo do Mundo (Ribeira Sacra) 20 Maio: Monte Pindo (Costa da Morte) 25 marzo: Monte Cornería (Barreiros) 17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo) 22 Abril: Monte Cachelmo (Touriñán)
+info: roteirosadegalugo.blogaliza.org
|
Volver
|