Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
II Simposium sobre o Monte Pindo
Sábado, 3. Decembro 2011, 10:00

O II Simposium Monte Pindo cítanos este sábado en Caldebarcos

Despois do éxito do I Simposium, reeditamos esta pioneira xornada de divulgación científica e debate aspira a converterse nunha cita imprescindible para volver poñer na mesa os temas de actualidade no tocante ao Monte Pindo, e ofrecerlle a toda a veciñanza e sectores a posibilidade de pronunciarse libremente sobre o seu pasado, presente e futuro.

É nese senso que a Asociación Monte Pindo convoca o II Simposium que vai desenvolverse estesábado 3 de decembro no local veciñal de Caldebarcos (Carnota), ao cal están chamados a participar todos os veciños, asi como os amantes deste espazo sacro dos nosos antergos e os especialistas nas diversas materias que ao longo de toda a xornada irán debullándose.

Debate, territorio, tradición oral, fauna, xeoloxía e roteiros serán desta volta os conceptos que centrarán a programación, sempre coa impresionante presenza da mole granítica no trasfondo.

Para iso contaremos coa presenza de verdadeiras eminencias en cadanseu campo, completadas coa participación do tecido social e da representación institucional do anfitrión Concello de Carnota, que volve a colaborar con nós na organización do evento xunto con ADEGA.

Asi, e sen máis, este sábado ficades todos convocados a participar en Caldebarcos no II Simposium Monte Pindo, cuxo cartel podedes descargar e difundir desde xa.
PROGRAMACIÓN
  • 10:00h. INAUGURACIÓN por César Cambeiro, presidente da Asociación de Veciños Xurde Caldebarcos
  • 10:30h. PONENCIA "A custodia do territorio" por Margarita Miguens Busto, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
  • 11:30h. CAFÉ
  • 12:00h. PRESENTACIÓN do libro "Máxico Tear Natural", polo escritor Xosé Manuel Lobato, que ao remate asinará exemplares
  • 13:00h. PONENCIA "Anfibios e réptiles de Galicia e do Monte Pindo" por Moisés Asensi Cabirta, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e autor da "Guía dos anfibios e réptiles de Galicia"
  • 14:00h. XANTAR*
  • 17:00h. PROXECCIÓN EN ESTREA do documental "Sendeiros ocultos: Ruta á Moa" por Andrés López Romero, director.
  • 17:30h. RECITAL POÉTICO por Xoán Lestón
  • 18:00h. PONENCIA por Xoán Ramón Vidal Romaní, xeólogo e director do Instituto Univ. de Xeoloxía Isidro Parga Pondal
  • 19:00h. DEBATE ABERTO
  • 20:00h. SAÚDA por Ramón Noceda Caamaño, alcalde de Carnota
  • 20:30h. CLAUSURA por Xilberto Caamaño, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural
*Para máis información e participar no xantar, cómpre anotarse ata o 2 de decembro no teléfono 667 39 31 73.
Agardamos poder contar coa vosa asistencia a unha actividade que de seguro resultará do voso agrado, e o que é máis importante, agardamos que a túa voz sume para axudar a clarificar entre todos o mellor para o Olimpo Celta e o seu entorno.
Localización : http://www.montepindo.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA