Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Xornada micolóxica na Eira da Xoana
Sábado, 19. Novembro 2011, 11:00

SÁBADO 19 de NOVEMBRO: XORNADA MICOLÓXICA

Para coñecer os "Carapuchos dos Sapos".

Organizan:

  • ADEGA
  • Asociación "Amigos da Escola de Basadroa"
  • Asociación Cultural o Galo de Compostela

PROGRAMA:

11.00 h => Encontro na Eira e pequena charla teórica sobre a actividade.

11.30 h => Saída polo camiño real até a Escola de Basadroa. Iremos apañando os cogumelos polas carballeiras do contorno deste histórico camiño que vimos de recuperar. O roteiro son 3.5 km aproximadamente.

13.00 h => Chegada á Escola onde nos xuntaremos cos veciños e socios que tamém aportarán os seus cogumelos para seren clasificados co asesoramento do especialista micólogo Alberte Granja.

14.00 h => Traslado á Eira onde prepararemos os nosos cogumelos. Podedes traer cogumelos apañados ou da tenda e cociñalos segundo a vosa receita. Cadaquén debe traer a súa comida para o xantar. Hai a posibilidade de degustar queixo da casa de Chus con marmelo e café. O prezo son 2 € soci@s e 3 € non soci@s.

Ó remate do xantar haberá unha visita pola contorna.

NOTAS:

1.- As persoas interesadas é preciso que se inscriban antes do día 18 de Novembro chamando a Marcial 638 47 53 22 ou a Pepe Salvadores 659 68 33 84

Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA