Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Curso "Dereito á alimentación e soberanía alimentar"
Desde Luns, 7. Novembro 2011 -  16:00
Até Mércores, 9. Novembro 2011 - 21:00

Os vindeiros días 7, 8 e 9 de novembro a Coordenadora Galega de ONGD organiza un curso sobre o dereito á alimentación e soberanía alimentaria que contará coa participación de persoas expertas como  Esther Vivas, Gustavo Duch e Carmen Freire, Plataforma Antitransxénicos e A Cova da Terra entre outras.

Esther Vivas activista altermundista, representante de Izquierda Anticapitalista, é membro do Centro de Estudos sobre movementos sociais da Universidade Pompeu Fabra e colaboradora da Universidade Autónoma de Barcelona. É autora de libros como Del Campo al Plato ou Resistencias Globales. De Seattle a la crisis de Wall Street, entre outros.

Gustavo Duch colaborador de movementos e campañas sobre Soberanía Alimentaria dos Pobos, é un dos fundadores de Veterinarios sen Fronteiras e autor de libros como Lo que hay que tragar ou Alimentos Bajo Sospecha. Colabora habitualmente en El Periódico de Catalunya, Público e El Correo Vasco.Carmen Freire, Secretaría Xeral do Sindicato Labrego Galego>>> (SLG). O SLG forma parte da Vía Campesina (Movemento a nivel mundial de labregos e labregas) e da Coordinadora Europea - Vía Campesina (CE-VC).

O curso é de balde, estará dividido en tres xornadas e contará tamén cunha mesa redonda. Levarase a cabo na Facultade de Ciencias Políticas da USC, en Santiago de Compostela, en horario de tarde.
Nesta ligazón atoparedes toda a información relativa ao programa, ás formadoras e ás inscricións. Esperamos contar coa vosa participación!
Localización : http://galiciasolidaria.org/novas/formacion-cgongd--dereito-a-alimentacion-e-soberania-alimentaria.html

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA