Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Xornada de sensibilización sobre especies invasoras
Sábado, 24. Setembro 2011, 17:00
I Xornada de Sensibilización sobre especies exóticas invasoras no Concello de Vilaboa. Será o sábado 24 de setembro a partires das 5 da tarde no centro cultural da Lagoa de As Lapas en Paredes. A xornada consistirá nunha charla impartida por Laura Capdevila (GEIB), actividades na lagoa e a proxección do documental "Los Invasores" de Luis Miguel Domínguez.

Aquí van unhas indicacións para chegar á lagoa. Indo pola N-550 dirección Vigo, uns 50 m antes da gasolineira de BP de Paredes, hai un cruzamento á esquerda. Hai que subir por esa estrada e virar á esquerda de novo no seguinte. Despois chégase a unha chaira onde hai outro cruzamento e tómase o da dereita. 100 metros máis arriba está a lagoa.

PROGRAMA:

17:00-17:15 Presentación da Xornada.
17:15-17:45 Charla sobre especies exóticas invasoras e a súa problemática. Impartida por Laura Capdevila- Argüelles. GEIB (Grupo Especialista en Invasiones
Biológicas).
17:45-18:15 Obradoiro: Fabrica a túa propia trampa reciclada para caranguexos.
18:15-19:15 Saída á lagoa para capturar caranguexos e recollida
de lixo.
19:15-20:15 Proxección do documental Los Invasores, dirixido por Luis Miguel Domínguez sobre a venda ilegal e legal de millóns de animais e plantas exóticas en Europa.
20:15-20:30 Coloquio e clausura da Xornada.

Acode e trae a toda a familia, pasaremos unha tarde divertida e colaboraremos na conservación do Medio Natural.
Organiza: Asociación Cultural Maremonte
Colabora: Asociación Cultural Recreativa A Canteira
Concello de Vilaboa
Consellería do Medio Rural
Contacto : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA