XIV xornadas de coordenadores/as do Proxecto Ríos |
|
|
Sábado, 1. Outubro 2011, 11:00
|
|
XIV Xornadas de coordenadores/as de grupo de PR |
|
|
O próximo sábado día 1 de outubro terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as XIV Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Un dos obxectivos que nos marcamos dende a coordinación do proxecto foi a incorporción dunha aplicación informática on-line que permita ao voluntariado introducir os datos das súas inspeccións, así como coñecer e localizar o estado dos diferentes treitos inspeccionados. Esta aplicación é posíble grazas a colaboracion da Xunta de Galicia. Queremos aproveitar as xornadas para presentavos esta aplicación, e se non tedes os novos materiais farcervos entrega deles.
Na sesión da maña, a temática central será o coñecemento da aplicación informatica do Proxecto Ríos (visor, parte pública e privada, incorporación de inspeccións, ...)
A sesión da tarde adicaremola como outros anos ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo, así como faremos uso dos novos reactivos de inspección baseados na utilización de pastillas (ph, nitratos e osíxeno disolto).
PROGRAMA DAS XIV XORNADAS DE FORMACIÓN
11.00 -Chegada e entrega de material
11.15 -Informe do estado do Proxecto Ríos
11.30-Aplicación Informatica Proxecto Ríos
14.00 Xantar
15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados
19.00 Clausura do curso
Dado que hai un número limitado de plazas é preciso inscribirse, tanto por teléfono: 981.57.00.99 como a través do correo electrónico. (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
).
A inscripción é gratuíta, só tedes que levar a comida |
Localización : http://www.proxectorios.org/index.php |
Volver
|