Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
XIV xornadas de coordenadores/as do Proxecto Ríos
Sábado, 1. Outubro 2011, 11:00
XIV Xornadas de coordenadores/as de grupo de PR

visor.pngO próximo sábado día 1 de outubro terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as XIV Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Un dos obxectivos que nos marcamos dende a coordinación do proxecto foi a incorporción dunha aplicación informática on-line que  permita ao voluntariado introducir os datos das súas inspeccións, así como coñecer e localizar o estado dos diferentes treitos inspeccionados. Esta aplicación é posíble grazas a colaboracion da Xunta de Galicia. Queremos aproveitar as xornadas para presentavos esta aplicación, e se non tedes os novos materiais farcervos entrega deles.

 

Na sesión da maña, a temática central será  o coñecemento da aplicación informatica do Proxecto Ríos (visor, parte pública e privada, incorporación de inspeccións, ...)

A sesión da tarde adicaremola como outros anos ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo, así como faremos uso dos novos reactivos de inspección baseados na utilización de pastillas (ph, nitratos e osíxeno disolto).

PROGRAMA DAS XIV XORNADAS DE FORMACIÓN

11.00 -Chegada e entrega de material

11.15 -Informe do estado do Proxecto Ríos

11.30-Aplicación Informatica Proxecto Ríos

14.00 Xantar

15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados

19.00 Clausura do curso

Dado que hai un número limitado de plazas é preciso inscribirse, tanto por teléfono: 981.57.00.99 como a través do correo electrónico. ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).

A inscripción é gratuíta, só tedes que levar a comida

Localización : http://www.proxectorios.org/index.php

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA