I Simposium sobre o Monte Pindo |
|
|
Sábado, 20. Agosto 2011, 10:00
|
|
A Asociación Monte Pindo e ADEGA convídavos ao I Simposium Monte Pindo, un evento que foxe do aspecto puramente lúdico das actividades que habitualmente se desenvolven no Monte Pindo, para converterse nun encontro no que toda a sociedade poida avaliar o pasado, presente e futuro do Olimpo Celta. Para iso contaremos coa axuda dunha serie de representantes dos colectivos veciñal, profesional e científico, especializados nas diversas ramas do saber sen as cales non é posible comprender o verdadeiro significado e importancia deste emblema da paisaxe galega.
O principal obxectivo do Simposium Monte Pindo é proporcionarlle á sociedade os elementos necesarios para poder analisar desde unha visión crítica os retos e ameazas que no Monte Pindo nos atopamos, a necesidade ou non de figuras de protección específicas, as posibilidades de desenvolvemento para unha mellor calidade de vida de veciños e visitantes, e un longo etcétera que iremos debullando ao longo dunha intensa xornada de conferencias, reflexión e debate sobre este espazo natural en particular e sobre o medio ambiente en xeral.
Xa está aberto o prazo de inscrición. Podes facelo de xeito totalmente gratuito na seguinte ligazón.
PROGRAMA 10:00 H | Inauguración 10:30 H | Exposición fotográfica: Maribel Longueira. 11:00 H | Recital poético: Xoán Lestón 11:30 H | Descanso e café 12:00 H | Ponencia: Xoan Ramón Vidal Romaní (xeólogo e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal) 13:00 H | Presentación do libro "Máxico tear natural": Xosé Manuel Lobato (doutor en Filosofía e Ciencias da Educación). Ao remate da presentación, sinatura de libros por parte do autor. 14:00 H | Xantar 17:00 H | Ponencia: Martiño-Fiz López Lindoso (Biólogo e relator da iniciativa do Parque Natural do Monte Pindo) e Fins Eirexas (Xeólogo e secretario executivo de ADEGA) 18:00 H | Ponencia: Francisco Xosé Fernández Naval (Escritor e ex-subdirector xeral de creación e difusión cultural da Xunta de Galicia) 19:00 H | Debate aberto: Monte Pindo, Parque Natural? 20:00 H | Saúda: Ramón Noceda Caamaño (alcalde de Carnota). 20:15 H | Clausura: Xilberto Caamaño Beiro (presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural) *A todos os e as asistentes agasaráselle cunha carpeta coa documentación precisa para seguir o Simposium.
ORGANIZA Asociación Monte Pindo Parque Natural
COLABORAN Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza Concello de Carnota |
Localización : http://www.montepindo.org/p/simposium.html |
Volver
|