Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
I Simposium sobre o Monte Pindo
Sábado, 20. Agosto 2011, 10:00
A Asociación Monte Pindo e ADEGA convídavos ao I Simposium Monte Pindo, un evento que foxe do aspecto puramente lúdico das actividades que habitualmente se desenvolven no Monte Pindo, para converterse nun encontro no que toda a sociedade poida avaliar o pasado, presente e futuro do Olimpo Celta. Para iso contaremos coa axuda dunha serie de representantes dos colectivos veciñal, profesional e científico, especializados nas diversas ramas do saber sen as cales non é posible comprender o verdadeiro significado e importancia deste emblema da paisaxe galega.

O principal obxectivo do Simposium Monte Pindo é proporcionarlle á sociedade os elementos necesarios para poder analisar desde unha visión crítica os retos e ameazas que no Monte Pindo nos atopamos, a necesidade ou non de figuras de protección específicas, as posibilidades de desenvolvemento para unha mellor calidade de vida de veciños e visitantes, e un longo etcétera que iremos debullando ao longo dunha intensa xornada de conferencias, reflexión e debate sobre este espazo natural en particular e sobre o medio ambiente en xeral.

Xa está aberto o prazo de inscrición. Podes facelo de xeito totalmente gratuito na seguinte ligazón.

PROGRAMA
10:00 H | Inauguración
10:30 H | Exposición fotográfica: Maribel Longueira.
11:00 H | Recital poético: Xoán Lestón
11:30 H | Descanso e café
12:00 H | Ponencia: Xoan Ramón Vidal Romaní (xeólogo e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal)
13:00 H | Presentación do libro "Máxico tear natural": Xosé Manuel Lobato (doutor en Filosofía e Ciencias da Educación). Ao remate da presentación, sinatura de libros por parte do autor.
14:00 H | Xantar
17:00 H | Ponencia: Martiño-Fiz López Lindoso (Biólogo e relator da iniciativa do Parque Natural do Monte Pindo) e Fins Eirexas (Xeólogo e secretario executivo de ADEGA)
18:00 H | Ponencia: Francisco Xosé Fernández Naval (Escritor e ex-subdirector xeral de creación e difusión cultural da Xunta de Galicia)
19:00 H | Debate aberto: Monte Pindo, Parque Natural?
20:00 H | Saúda: Ramón Noceda Caamaño (alcalde de Carnota).
20:15 H | Clausura: Xilberto Caamaño Beiro (presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural)
*A todos os e as asistentes agasaráselle cunha carpeta coa documentación precisa para seguir o Simposium.

ORGANIZA
Asociación Monte Pindo Parque Natural

COLABORAN
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Concello de Carnota

Localización : http://www.montepindo.org/p/simposium.html

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA