Roteiro á braña dos Aguillóns, no Monte Pindo |
|
|
Sábado, 6. Agosto 2011, 10:00
|
|
A Asociación Monte Pindo Parque Natural volve a coller o fouciño o sábado 6 de agosto, como xa fixemos anteriormente na Pedra Cabalgada, para seguir abrindo novas posibilidades de explorar todos os misterios do Monte Pindo.
Nesta ocasión, o roteiro que abriremos levaranos ata os Aguillóns, unha inmensa braña á que se sube desde Caldebarcos e cuxo acceso está na actualidade practicamente intransitable, cousa que agardamos corrixir coa vosa axuda. Ali agardaranos unha sorpresa moi especial que nos reservaremos como recompensa para todos os amigos e as amigas que veñan a axudarnos con esta actividade de voluntariado. Como pista, só dicir que estivo na boca de todos nos últimos días.
Nesta actividade colaboran os veciños de Caldebarcos a través da asociación veciñal Xurde Caldebarcos e a Comunidade de Montes, sempre tan activos na defensa do seu monte e das súas tradicións. ADEGA-Costa da Morte apoia esta iniciativa. Alí nos vemos!
Voluntariado no Monte Pindo: Roteiro á Braña dos Aguillóns
PROGRAMA
10:00h. Saída desde a estrada xeral AC-550 ao seu paso por Caldebarcos (entre os restaurantes O Feitizo e Casa da Crega).
Durante o roteiro iremos limpando o camiño e despois xantaremos na Braña dos Aguillóns. Despois do xantar desenvolveremos diversas actividades de lecer, antes de comezar a descender. Os e as asistentes deberán traer:
- Fouciño (ou outro enser para o desbroce) e luvas de protección.
- Mochila con cando menos xantar e bebida.
- Calzado cómodo e roupa acaída ás condicións meteorolóxicas do día.
Confirma a túa asistencia en Facebook, escribindo a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou chamando ao 651 376 769.
|
Localización : http://www.montepindo.org/ |
Volver
|