Curso de compostaxe e reparto de composteiros en Poio |
|
|
Luns, 13. Xuño 2011, 20:00
|
|
O luns 13 de xuño procederase ao curso de compostaxe e reparto dos composteiros no concello de Poio.
Este curso terá lugar no centro de formación A Reiboa ás 20:00h. Os veciños e veciñas de Poio terán a oportunidade de aprender a xestionar os residuos orgánicos xerados na propia vivenda e formaran parte dun programa de educación ambiental ónde se lles facilitará un composteiro dunha capacidade de 320L e un manual de compostaxe, ademais ao longo de sete meses recibiran tres visitas dunha educadora ambiental de ADEGA para observar o proceso e resolver dúbidas.
Con esta iniciativa o concellería de medio ambiente pretende reducir a cantidade de residuos xerados, xestionar os residuos no mesmo lugar onde se producen evitando o transporte e sensibilizar a poboación na reciclaxe así como a súa implicación na resolución da problemática do lixo.
Ao longo de este proxecto piloto avaliarase a repercusión social desta iniciativa así como a redución de residuos orgánicos.
Máis información: María R Lafuente 628 37 88 04
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Volver
|