Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Curso online de iniciación á apicultura da AGA
Mércores, 1. Xuño 2011, 08:00
A Asociación Galega de Apicultura AGA ten previsto realizar un curso de Iniciación á Apicultura online durante o mes de xuño.

Trátase dun curso de iniciación no que se tratará todo o proceso, dende a obtención do mel ata ás formas de comercialización, pasando pola importancia das abellas no medio ambiente, dende unha concepción ecoloxista da apicultura como unha actividade relacionada co mantemento e protección da biodiversidade.

A modalidade é a distancia, para facilitar especialmente a participación de xente nova, que pode ter mais dificultades para desprazarse por falta de tempo e evitar tamén así os gastos de transporte. Pero consideramos que tamén a parte presencial e experiencial é importante, polo que está previsto, ademais da "Ruta das Abellas" que se realizará o último día do curso, realizar outras sesións prácticas según a dispoñibilidade dos participantes.

Máis información na páxina web da AGA www.apiculturagalega.org

A cuota de inscrición é de 40 €, mais para socios/as de ADEGA como entidade colaboradora é de balde.  O prazo de inscrición remata o 31 de maio.

Contacto: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , tamén por teléfono: 981 508 142 / 630 069 637 / 630 069 635.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA