Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Xornada "Apicultura e fruticultura: prácticas compatibles" en Quilmas
Desde Venres, 27. Maio 2011
Até Venres, 3. Xuño 2011

apiculturaquilmasDende a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas querémosvos informar e convidarvos ás xornadas sobre "Apicultura e Fruticultura: prácticas compatibles" que van a ter lugar en Quilmas, na nosa Agra,  o venres 27 de Maio e, o venres tamén, 3 de Xuño.

Estas xornadas venhen como punto e seguido dois cursos realizados anos anteriores sobre fruticultura, e sobre todo coma remate o curso de "apicultura como práctica complementaria á horta" que se desenvolveu o pasado ano e no que profundizamos sobre o manexo das abelhas, a súa estructura social, as flores que máis lhes gustan e as épocas de floración, os produtos que elas elaboran nas colmeas, vivimos, na práctica, a obtención do mel, a importancia ecolóxica dos polinizadores, etc... Este ano completaremos e refrescaremos os coñecementos adquiridos coa instalación de novas colmeas nunha zoa próxima aos verxeis de froiteiras autóctonas que están a medrar na Agra de Quilmas, deste xeito faremos un repaso sobre a polinización, os coidados das abellas, requisitos para a instalación dun colmear e fruticultura básica.

Os obxectivos destas xornadas e adquirir coñecementos para levar a cabo inicativas similares dun xeito sostible, e considerar a agricultura e o trabalho coma abelheir@s, labreg@s e fruticultoras/es, unha alternativa de vida e laboral mixta/estacional/ou a tempo completo, valorando a importancia que ten a nosa/súa función sobre a contorna e nos ecosistemas.

As xornadas son abertas e gratuitas só é preciso facer unha INSCRICIÓN PREVIA través do correio-e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou os teléfones 697364124 ou 981588532.

Se estades interesad@s en partilhar connosco estes dous días entre abelhas e natureza baixo a olhada de O  Pindo, pois ánimo e anotarvos!

Saúde e mel,

Raínha Lupa

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA