Nova quenda do campo de voluntariado ambiental do río Tea |
|
|
Sábado, 28. Maio 2011, 10:00
|
|
NOVA QUENDA DO CAMPO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL DO TEA
A fin de semana do 28 e 29 de maio de 2011, terá lugar unha xornada de seguemento das actuacións desenvolvidas nos Campo de Voluntariado Ambiental do río Tea. Estes campos de traballo están adicados á eliminación de flora exótica invasora presente nas marxes do Tea. Se estás interesada/o en participar, xunta a preinscrición que atoparás na web do proxecto e envíaa a coordinación do Proxecto Ríos.
|
Volver
|